Site icon Crónica3.com A Mariña

Expositores non puideron participar na feira Produart en Burela

BURELA .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, ten como expectativa que a feira Produart, que se celebrou o fin de sema en Burela, acolla máis expositores o próximo ano “porque este ano quedaron fora uns dez, e non queremos que quede ninguén sen participar nesta cita”, afirmou.
Llano cree que coa a primeira fin de sema de agosto Burela estase a “consolidar como un referente en toda a comarca da Mariña e por iso debemos estar moi satisfeitos”, os asistentes “estiveron disfrutando dos xogos, de Produart, do bonito, da vela e da música”.

Nota de Prensa

O ALCALDE CONSIDERA QUE A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE AGOSTO SE ESTÁ A CONSOLIDAR COMA REFERENTE EN TODA A COMARCA.

Burela, 4 de agosto de 2008. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, tilda de moi positiva <en todos os aspectos a pasada fin de semana, porque houbo moita xente na nosa vila que comenzou a chegar procedente de distintos lugares sobre as once da mañá do sábado e aquí estiveron ata as tres ou as catro da madrugada do domingo disfrutando dos xogos, de Produart, do bonito, da vela e da música. O tempo axudou e animou á xente a participar en todas estas citas>.

Llano considera que <valeu moito a pena o esforzo, debemos estar contentos e seguir así tentando dimensionar ainda máis estes eventos, porque a primeira fin de semana de agosto estáse a consolidar coma un referente en toda a comarca da Mariña e por iso debemos estar moi satisfeitos>.

O rexedor burelés agarda que na vindeira edición <Produart poida albergar a un maior número de expositores, porque este ano quedaron fora uns dez, e non queremos que quede ninguén sen participar nesta cita>.

Exit mobile version