Site icon Crónica3.com A Mariña

Dubida o PP de actuacións do modulo de xardinería do obradoiro de emprego de Burela

BURELA .- Zonas axardinadas de Burela dan “imaxe de descoido e desidia” asegura o PP, e recorda que “existe un módulo de xardinería no obradoiro de emprego, que visto o que se ve, como por exemplo o talud de FEVE entre a ponte de Eijo Garay e o edificio da antiga biblioteca, cabe preguntarse para que está”.

Nota de Prensa

Os populares chaman a atención sobre determinadas zonas axardinadas.

Consideran que non se levan a cabo labores de mantemento axeitadas.

Pregúntanse para que está o obradoiro de emprego.

O PP de Burela considera que non se está levando a cabo unha boa labor no mantemento de zonas verdes e axardinadas, xa que algunhas se vé que están deterioradas, con plantas secas, o que dá unha imaxe de descuido e desidia, ainda que existe un módulo de xardinería no obradoiro de emprego, que visto o que se ve, como por exemplo o talud de FEVE entre a ponte de Eijo Garay e o edificio da antiga biblioteca, cabe preguntarse para que está.

Para os populares, esta sensación foi a que se transmitiu durante todo o verán, a sensación de deixar pasar o tempo e non facer prácticamente nada. E todo eso no eido da xardinería, na que o concello conta con suficiente personal, e ademais cualificado, que temos que entender que está mal distribuido, e cunha mui deficiente dirección política.

Unha mostra da desidia é o estado da zona verde da Praza da Concello; tanto é así, que algún membro do equipo de goberno aparca o coche encima da zona verde, o que dá a entender o pouco interese que existe por facer as cousas con algo de xeito.

En Burela, a vintesete de Agosto de dous mil oito.

Exit mobile version