A MARIÑA .- Doentes do Hospital da Costa de Burela desplazanse o Hospital San Rafael de A Coruña a facer probas de cardioloxía debido a que no centro burelés dispón de tecnoloxía para facer as probas pero carece de técnicos nesa especialidade, asegura o parlamentario do Partido Popular, José Manuel Balseiro Orol. Subliña o parlamentario do PP que “o máis lóxico sería que se desprazaran a Burela o número de facultativos necesarios en lugar de trasladar aos pacientes” e aclara que “tratase de probas que poderían facerse perfectamente en Burela polo que, ademais de supoñer un gasto innecesario, provoca un grave prexuízo para as familias dos desprazados e para o propio Sergas”
Nota de Prensa
O Partido Popular acusa á xerencia do centro hospitalario de traballar de costas aos usuarios e de fomentar a existencia de pacientes de primeira e de segunda categoría
DOENTES CON PROBLEMAS CARDÍACOS VÉNSE NA OBRIGA DE TRASLADARSE Á CORUÑA PARA FACER PROBAS DIAGNÓSTICAS, A PESARES DE QUE O HOSPITAL DA COSTA DISPÓN DO APARATAXE NECESARIO.
o As probas non se están a levar a cabo na Mariña lucense como consecuencia da ausencia do persoal técnico necesario para desenvolvelas. Todo iso aínda que o Hospital da Costa dispón da tecnoloxía necesaria.
o O Partido Popular ten recibido queixas dos doentes afectados tanto na Oficina Parlamentaria situada en Viveiro como no local habilitado na localidade de Ribadeo.
A Mariña, 30 de agosto de 2008.- O parlamentario autonómico do Partido Popular de Galicia (PPdeG) José Manuel Balseiro Orol vén de denunciar que pacientes da nosa comarca con problemas cardiacos están a ser desprazados ao centro hospitalario San Rafael da Coruña para ser sometidos a probas diagnósticas. Todo iso a pesares de que o Hospital da Costa dispón dos aparatos e a infraestrutura necesaria para levar adiante estas probas. Segundo puido coñecer o Partido Popular estes desprazamentos virían motivados pola ausencia do persoal técnico necesario para desenvolver as devanditas probas.
En opinión do parlamentario Balseiro Orol, “asistimos a un capítulo máis nefasta xestión dos responsables da Consellería de Sanidade en canto ao funcionamento e a prestación de servizos no centro hospitalario mariñán”. Ao deputado popular cáusalle sorpresa esta imposición da dirección do centro que obriga a desprazar aos doentes ata a cidade da Coruña. “Esta situación reforza as nosas denuncias destes últimos meses, a través das que vimos alertando de que no Hospital da Costa está a traballar cun número insuficiente de facultativos para dar cobertura a todos os servizos que se lles prestan aos cidadáns”.
Balseiro Orol indicou que, de non dispoñerse do persoal suficiente para facer este tipo de diagnoses, “o máis lóxico sería que se desprazaran a Burela o número de facultativos necesarios en lugar de trasladar aos pacientes, sobre todo tendo en conta o risco que supón expoñer a este tipo de doentes a desprazamentos e viaxes con de máis de 400 quilómetros de percorrido”. “Teñamos en conta -subliña o deputado popular- que se trata de probas que poderían facerse perfectamente en Burela polo que, ademais de supoñer un gasto innecesario, provoca un grave prexuízo para as familias dos desprazados e para o propio Sergas.”
PACIENTES DE PRIMEIRA E SEGUNDA CATEGORIA
Na opinión do parlamentario mariñán, esta medida “aceptada pola dirección do Hospital da Costa” está a estimular a existencia de “pacientes de primeira e de segunda categoría”. “Mentres todos os galegos pagamos os nosos impostos de igual xeito; uns poden dispoñer dun servizo asistencial para facer probas sanitarias preto das súas casas; mentres que outros temos que desprazarnos 400 quilómetros para recibilo” sentenciou Balseiro.
QUEIXAS NAS OFICINAS PARLAMENTARIAS
O Partido Popular de Galicia vén de facerse eco destes feitos despois de ter recibido múltiples queixas dos doentes afectados tanto na Oficina Parlamentaria situada na sede local desta agrupación en Viveiro como na situada na localidade de Ribadeo. Alí están a recibir múltiples informacións dos cidadáns, suxestións e denuncias das que se comprometen a dar traslado ás distintas cámaras segundo a administración da que se trate.
Nese senso, José Manuel Balseiro adiantou que presentará unha iniciativa no Parlamento de Galicia para coñecer cales son os motivos polos cales se está a desprazar a estes doentes a facer probas diagnósticas a pesares de contar coas infraestruturas e o aparataxe necesario no Hospital da Costa.