BURELA .- A portavoz adxunta do PP na corporación de Burela e número dous da lista dos populares, Celia Laura Neira Lestao, renunciará ó cargo de concelleira no pleno que se celebrará o próximo xoves. O PP informou de que a concelleira presenta a renuncia “por motivos persoais e profesionais” e non indicou por quen será substituída Celia Laura Neira Lestao fora de número dous na lista do PP.
Nota de Prensa
NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE BURELA
Renuncia de Celia Neira ó seu posto de concelleira.
No pleno do vindeiro xoves darase conta da renuncia ó cargo da concelleira do PP Celia Neira, que o fai por motivos personais e profesionais. Esta circunstancia xa lle foi comunicada tanto ós membros da candidatura do PP burelés coma ó propio Comité Local, nunha reunión mantida o día oito deste mes de Agosto.
En Burela, a vinteseis de Agosto de dous mil oito.