Site icon Crónica3.com A Mariña

Diante da ilegalidade anunciada polo PP, o concello de Burela adía o aceso de cans á praia do Penoural

BURELA .- O Concello decidiu pospoñer ata o vindeiro verán o acceso de cans a unha praia do municipio, segundo acaba de anunciar a concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza. A edil socialista explica que “a ordenanza que hai no Concello non permite eso, nós pensamos en cambiar esa normativa e que estivera lista en breve pero o proceso alongóuse un pouco e este ano os cans non poderán achegarse ás praias burelesas”.

Bouza engade que “seguiremos a traballar para que o vindeiro verán os cans teñan unha praia na que poder disfrutar xunto aos seus donos. Non sei si será a praia de Penoural ou si ben delimitaremos unha zona noutro areal máis grande coma o do Portelo. Sentimos moito o ocorrido porque era unha medida que nos apetecía tomar, pero reitero en que traballaremos para no 2009 sexa unha realidad”.

A concelleira de Medio Ambiente di que “se presentaron dúas denuncias por parte de dúas persoas que se sentiron molestas pola presenza de cans na praia do Penoural e por iso tivemos que pospoñer esta medida”.

Exit mobile version