BURELA.- O GMPP afirmou hoxe nunha nota de prensa que “o desfase entre ingresos e gastos que tén o concello de Burela é de algo máis de millón e medio de euros, máis exactamente douscentos sesenta e cinco millóns das antigas pesestas, que se produce en dúas partidas de ingresos vinculadas coa construcción, polo que é prácticamente imposible recuperar eses cartos, que poñen en serio perigo a estabilidade presupostaria do concello de Burela, e que poden abocar ó concello a unha difícil situación económica a fins de ano”
NOTA DE PENSA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR
O GMPP afirma que o concello está perdendo algo máis de millón e medio de euros.
Os populares din que hai partidas de gasto que están cáseque agotadas.
Acusan ó alcalde de tentar impedir que se debatise sobre o estado das contas municipais.
O GMPP afirmou hoxe nunha nota de prensa que o desfase entre ingresos e gastos que tén o concello de Burela é de algo máis de millón e medio de euros, máis exactamente douscentos sesenta e cinco millóns das antigas pesestas, que se produce en dúas partidas de ingresos vinculadas coa construcción, polo que é prácticamente imposible recuperar eses cartos, que poñen en serio perigo a estabilidade presupostaria do concello de Burela, e que poden abocar ó concello a unha difícil situación económica a fins de ano.
A xuizo dos populares, esto débese a que o bigoberno inflou o presuposto, a sabendas de que a petición de cualificacións urbanísticas, referencia de petición futura de licencias de obra, caera de xeito importante no segundo semestre do ano pasado, especialmente nos últimos tres meses.
Ademais, os populares aseguran que hai partidas de gasto que están prácticamente agotadas, como as de gastos diversos de Cultura, co que haberá que facer modificacións presupostarias. E aquí vai xurdir un problema, porque as modificacións entre delegacións do Bloque serán factibles, pero nunca entre delegacións do PSOE e delegacións nacionalistas.
Por último, o GMPP lamenta que o alcalde non quixese, de entrada, debatir sobre o estado do presuposto municipal, a pesares de ser un debate que tén interese para a cidadanía, que tén dereito a saber como están as contas do concello. Houbo debate, pero pordaue o PP insistiu en que tiña que habelo, o que demostra o escaso talante democrático do alcalde, que tentou cambiar de asunto cunha rapidez inusitada. Polo tanto, a partires de agora haberá que ter sumo cuidado con esta persoa, que ademais de non facer nada tamén agora tenta impedir o debate do estado dos cartos de todos os cidadáns.
O Concello de Burela non fará nada para axudar ós bureleses a paliar a crise económica.
Para o PP, o bigoberno só usou “palabrería barata sen ningunha alternativa”.
O PP insiste en que se poden liberar setecentos mil euros para axudar ós sectores máis desfavorecidos e a familias necesitadas.
O GMPP lamenta fondamente que o bigoberno burelés, ademais de non aceptar a moción presentada polos populares para establecer medidas que axuden ós sectores e familias máis desfavorecidos a paliar os efectos da crise económica, non fose capaz de presentar nin unha sola alternativa, limitándose a facer unha explicación chea de palabrería barata pero vacía de contido, porque os cidadáns saben que estamos inmersos nunha crise económica que está comenzando, segundo todos os analistas, e que se manifestará con toda crudeza ó longo do ano 2009.
O PP solicitaba a creación de dous fondos, cadanseu con douscentos cincuenta mil euros, para axudar por unha parte ás familias máis necesitadas, e por outra a autónomos e pemes en situación máis crítica. Ademais, pedía, xunto coa conxelación dos soldos dos altos cargos, a conxelación dos impostos municipais e a rebaixa do IBI do actual tipo do 0.50 ó 0.45, o que, sen baixar a capacidade recaudatoria do concello, permitiría unha inxección adicional ás familias, autónomos e empresas de douscentos mil euros. Ou sexa, un total de setecentos mil euros que o concello destinaría a paliar parcialmente os efectos da crise económica, e en todo caso respectando o incremento dos soldos dos traballadores municipais e as ofertas de emprego público.
Resulta incrible que o bigoberno se limitase a repasar as medidas do goberno de Zapatero e da Xunta, que todos sabemos que son igual a cero, pero sen ofrecer alternativa a nivel municipal, co que podemos concluir que o concello de Burela NON FARÁ NADA para axudarlle ós seus veciños a pasar a crise. Ou sexa, para o alcalde e os seus concelleiros non hai crise, e os que se vexan afectados, que serán moitos, terán que arreglalas cada un pola súa conta sen contar para nada cos que se din progresistas, e que chegada a hora da verdade non teñen ningún tipo de sensibilidade e danlle as costas ós traballadores e ás familias máis necesitadas, pero non se poñen colorados á hora de organizar festas, ou de decir, como dixo a Sra. Cando, que ela “traballa tranquilamente”. Evidentemente, a tranquilidade da Sra. Cando non dá de comer ós que o necesitan e o están pasando mal e tampouco se pode extender a aqueles que están perdendo os seus postos de traballo ou o están a pasar mal.
En Burela, a un de Agosto de dous mil oito.
O Grupo Municipal do Partido Popular.