Site icon Crónica3.com A Mariña

Calcula Antonio Veiga que o PP de Barreiros gastou uns 2 millóns de euros en campaña

BARREIROS .- O voceiro do BNG no concello de Barreiros, Antonio Veiga, preguntase polas inversións municipais feitas co importe da recadación do imposto de construcións, instalacións e obras no ano 2006, que cifra nuns 2 millóns de euros e asegura que “foron gastados na campaña electoral do ano 2007 que fixo o PP e en pequenos servizos e en ingresar todo no capítulo 2 de bens correntes e servizos facendo pequenos bacheos e poñendo farolas e vendéndoo coma favores electorais”.

Nota de Prensa

O BNG CRITICA A XESTIÓN ECONÓMICA QUE ESTÁ A REALIZAR O PP NO CONCELLO DE BARREIROS.

Barreiros, 29 de agosto de 2008. O voceiro nacionalista do BNG, Antonio Veiga, pídelle ao alcalde que conte en qué gastou os preto de dous millóns de euros recaudados no ano 2006 a través do imposto de construccións, instalacións e obras <que eran a metade dos presupostos….¿algún veciño de Barreiros viu algunha inversión, viron algunha dotación, viron a creación dun parque que tanto precisa este concello? ¿Viron a posta en marcha da Casa da Cultura? Un edificio que non se pode abrir porque faltan 50.000 euros para a dotación do mobiliario ¿algún veciño viu que se fixera algo?>.

Veiga Outeiro di que eses preto de dous millóns de euros <foron gastados na campaña electoral do ano 2007 que fixo o PP e en pequenos servizos e en ingresar todo no capítulo 2 de bens correntes e servizos facendo pequenos bacheos e poñendo farolas e vendéndoo coma favores electorais. Neso queimou Alfonso Fuente Parga os cartos que recaudou e da xestión económica de Barreiros ¿qué decir? Hai dous borradores de proxectos de orzamentos e estamos case en setembro e seguimos na mesma tesitura de anos anteriores xa que os presupostos de Barreiros se van aprobar no mes de decembro cando está o ano vencido, e cunha novidade que este ano hai concelleiro de Economía e Facenda. Foi a grande fichaxe electoral do PP procedente do PSOE que parecía que ía ser a panacea de todos os problemas económicos de Barreiros e creo que o está a facer bastante peor do que o fixeron os anteriores alcaldes e concelleiros>.

O voceiro nacionalista en Barreiros asegura que <o BNG sempre da a cara, nós non agachamos a cara e a cabeza coma fai Alfonso Fuente Parga cando nos plenos non ten respostas para as preguntas que lle plantexamos desde a oposición. Nos aí estamos para defender os intereses dos veciños de Barreiros dos que viven aquí todo o ano e pagan os impostos e seguimos insistindo en que este Concello ten que planificar un desenvolvemento sostible que é o que imos defender sempre>.

Antonio Veiga tamén pensa que o alcalde de Barreiros <ten que estar estes días un pouco preocupado por temas urbanísticos porque é curioso que nos actos de conmemoración do centenario da asociación Hijos de San Miguel e Reinante que se celebrou hai uns días en Santiago de Reinante un dos conferenciantes que non é nada sospeitoso de ser do BNG senón todo o contrario dicía que hai que frenar esta locura urbanística, este desmadre urbanístico de Barreiros…. E alí ao meu lado estaba sentado o alcalde que agachou a cabeza, a penso que ainda lle quedan moitas veces de agachar a cabeza nos vindeiros meses>.

Exit mobile version