BURELA .- A delegación de Obras e Servizos que dirixe Pascual Domenech comezará en breve a construción dun ximnasio na rúa público e de balde. Domenech explica que “estará situado no entorno da residencia do maior e terá un circuito de aparatos que se caracterizan pola súa variedade de exercicio coma un andador elíptico, un prato de rotación, un trotador, un aparato de dorsais….”.
O edil socialista engade que “o uso de cada un destes aparatos reporta un beneficio para a saúde: mobilidade dos membros superiores e inferiores, relaxación da musculatura das costas, coordinación e equilibrio, flexibilidade e axilidade das articulacións, ademais de estimular a capacidade cardiovascular e respiratoria”. Pascual Domenech conta que a súa finalidade “é para que os usuarios deste ximnasio ao aire libre, principalmente xente maior, realicen actividades de mantemento e rehabilitación axudando á mellora física e ao benestar dos nosos maiores, así coma a cubrir unha necesidade social fomentando a vida sana”.