Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela, Foz e Xove terán novas farmacias

A MARIÑA .- A Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade fixo pública a lista definitiva de adxudicatarios e de reserva no concurso público de adxudicación de 91 novas oficinas de farmacia das que dúas estarán ubicadas en Burela, unha a Foz e unha a Xove. Ao concurso presentáronse unhas 1.300 solicitudes.
Con estas novas concesións, o número total de farmacias existentes en Galicia pasará a ser de 1.362.

Exit mobile version