BURELA .- No primeiro exame de persoal laboral fixo para a Aula de Educación Ambiental GAIA do concello de Burela “houbo preguntas que non se correspondían co temario” aseguran dende o PP e engaden que “tal circunstancia foi posta en coñecemento do presidente do tribunal, ó que só se lle ocorreu dicir que xa se arranxaría para a próxima, e que en internet había moitos tests similares ó que se estaba usando”.
Os populares fixeran público que o exame “non fora elaborado polo conxunto do tribunal e que non fora custodiado pola secretaría do mesmo”. Agora aseguran que o alcalde, Alfredo LLano, e a concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza, “están en entredito pero seguen sen dar explicacións” e aseguran estar interesados en coñecer “que opinan Sonia Fraga e Remedios López de todo esto”.
Nota de Prensa
NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR
O GMPP destapa máis as ilegalidades no primeiro examen de GAIA.
Había preguntas que non estaban no temario e outras referidas a concelleiros socialistas.
O alcalde e Lucía Bouza, en entredito, seguen sen dar explicacións.
O Grupo Municipal do Partido Popular de Burela fixo hoxe públicas máis ilegalidades do primeiro examen de persoal laboral fixo para a Aula de Eduación Ambiental GAIA.
Como se lembrará, o PP advertiu no seu momento que o examen non fora elaborado polo conxunto do tribunal e que non fora custodiado pola secretaría do mesmo. Pois ben, agora o PP advirte de que houbo preguntas que non se correspondían co temario; tanto é así, que algunha preguntas facían referencia a nomes de concelleiros do bigoberno, concretamente do Grupo Socialista.
Ademais, o PP indica que tal circunstancia foi posta en coñecemento do presidente do tribunal, ó que só se lle ocurreu decir que xa se arranxaría para a próxima, e que en internet había moitos tests similares ó que se estaba usando.
Para o PP, esta situación é mui grave, porque deixa como unha auténtica mentirosa a Lucía Bouza, que dixo publicamente que non houbera ningunha irregularidade, quen xa beneficiou a seu irmán con méritos que só el tiña. Ademais, demostra que os problemas dentro do PSOE de Burela por este tema teñen razón de ser, e deixa claro que o alcalde non pinta nada, ainda que se aferra ó sillón, como manifestou nunha reunión interna do PSOE, na que pouco menos que se lle pediu que se marchara.
Tanto o alcalde coma Lucía Bouza están en entredito pero seguen sen dar explicacións. Por certo, non sabemos que opinan Sonia Fraga e Remedios López de todo esto, se é que opinan algo.
Os cidadáns de Burela non se merecen semellante desaguisado, e teñen que saber que temos un alcalde que ademais de traballar pouco, mira para outro lado cando as cousas van mal dadas.
E non aceptaremos que o PSOE replique como acostuma, descalificando e insultando, porque o que teñen que facer é explicar os chanchullos que están montando.
En Burela, a sete de Agosto de dous mil oito.
O Grupo Municipal do Partido Popular de Burela.