BURELA .- A praia de O portelo en Burela acollerá o día 16 unha proba do campionato galego de moto acuática. O evento foi presentado este mediodía no Concello de Burela por Antonio Iglesias, responsable da Federación Galega de Moto Acuática; José Soto, responsable da delegación de Lugo de dita federación e Remedios López Villar, concelleira de Mar de Burela.
Nota de Prensa
BURELA ACOLLERÁ A CUARTA PROBA DO CAMPIONATO GALEGO DE MOTO ACUÁTICA.
Burela, 5 de agosto de 2008. Burela acollerá o vindeiro 16 de agosto a cuarta proba do campionato galego de moto acuática que organizan a Federación Galega de Moto Acuática e a súa delegado de Lugo, coa colaboración do Concello de Burela e a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta. Colaboran: o grupo especial de actividades subacuáticas da Garda Civil, o Clube Náutico de Burela, a Cruz Bermella de Burela, a Policía Local de Burela e Protección Civil.
A proba disputaráse na praia do Portelo en dúas modalidades: MAXI e JET SKI. De 12 da mañá a dúas da tarde serán os adestramentos oficiais e mangas de clasificación e a partires das cinco da tarde disputaránse as tres mangas puntuables para o campionato galego, das que sairán tres vencedores en cada unha das dúas categorías.
Nesta cuarta proba do campionato galego de moto acuática participarán unhas 24 motos: 14 ou 15 na modalidade MAXI <que son motos de 250 a 270 CV>, segundo explica a concelleira de Mar de Burela, Remedios López Villar, e 9 ou 10 na modalidade de JET SKI <trátase de motos de 70 a 100 CV. Temos que destacar que hai motos valoradas nuns 50.000 euros>.
O evento foi presentado este mediodía no Concello de Burela por Antonio Iglesias, responsable da Federación Galega de Moto Acuática; José Soto, responsable da delegación de Lugo de dita federación e Remedios López Villar, concelleira de Mar de Burela.