Site icon Crónica3.com A Mariña

A policía sorprendeu a dous menores que supostamente cobraban por aparcar coches en Rinlo

RIBADEO .- A policía local de Ribadeo personóuse o sábado pola tarde en Rinlo atendendo a chamada da Garda Civil que os alertou de que uns rapaces estaban a cobrar polo aparcamento de coches. Cando as forzas de seguridade local se personaron no lugar comprobaron que uns nenos de entre 9 e 12 anos estaban a colocar coches nun campo propiedade do seu avó, segundo contaron os mesmos rapaces que negaron que estiveran a cobrar por realizar ese traballo e dixeron que só lles pedían aos conductores a súa vontade. A policía local advertíulles que non podían cobrar nin pedir diñeiro deste xeito e eles contestáronlles que entón se ían e non colocaban os coches.

Ao atardecer do sábado a policía local de Ribadeo tivo que voltar a Rinlo xa que se estaba a producir unha pelexa de grandes dimensións. Foron de apoio, pero cando chegaron ao lugar dos feitos a multitude xa se disgregara e non foi necesaria a súa intervención. Actuou neste caso a Garda Civil.

E xa pola noite en Ribadeo a presenza da policía local foi requerida nun bar da rúa San Roque onde varias persoas se estaban a meter coa clientela e co persoal dese establecemento. Unha vez personados no lugar comprobaron que se trataba dun veciños de Figueras (Castropol) de 38 anos de idade que estaba a ameazar de morte ao propietario do bar. Non quixo identificarse e cando foi introducido no coche policial para ser trasladado ao cuartel da Garda Civil seguiu insultando e ameazando aos axentes ademáis de tentar darlles puñetazos e patadas.

Exit mobile version