Site icon Crónica3.com A Mariña

A costa de Lugo celebra outra vez unha fin de sema de festa sen fin

A MARIÑA .- Hoxe música clásica en Ribadeo no II Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo e o resto da fin de sema Festa do Percebe en Rinlo – Ribadeo; Mercado Medieval en Mondoñedo; o XXVII Festival do Emigrante na Praza do Souto de San Miguel de Reinante -Barreiros; A Maruxaina en San Cibrao; San Lourenzo en Foz; festa continua en Viveiro; ademais as que quedan sen mentar.
A Mariña vive outra fin de sema sen fin, todo celebracións, e si non chega, ou non se atopa a desexada, moi pertiño, na provincia de A Coruña, en O Barqueiro, na praia de Esteiro, celebran dende o xoves ata o domingo a Santa Rosa, unha morea de xente acampada o lado do mar comendo, bebendo e pasándoo ben durante catro días. Quedan aínda máis fins de semana sen fin. Neste tempo a costa de Lugo é unha continua feira de actos e actividades lúdicas e festivas e, sobre todo, gastronómicas.

Notas de Prensa

HOXE COMENZA O III FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA CLÁSICA DE RIBADEO DE BACH E OS NOSOS DÍAS.

Ribadeo, 8 de agosto de 2008. Esta noite comenza en Ribadeo o III Festival Internacional de Música Clásica que se desenvolverá no Auditorio Municipal Hernán Naval ata o vindeiro 17 de agosto. Na xornada de hoxe váise render homenaxe ao ex presidente do Goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo <ya que era un ribadense hasta la médula y un gran amante de la música clásica, de hecho vino a disfrutar con nosotros de las pasadas dos ediciones del festival>, explica Leopoldo Erice, fundador e director do Festival e pianista profesional. Leopoldo Erice ofrecerá esta noite a partires das dez menos cuarto un recital de piano con obras de Johann Sebastian Bach <pero antes tendremos una pequeña charla explicativa sobre dicho recital, ya que hay mucha gente que dice que no acude a los festivales de música clásica porque no los entiende. La intención es acercar un poco la música también a través de la palabra a los que nos acompañen>, engade Leopoldo Erice.

O domingo ás 10 da noite será o segundo concerto. Trátase dun recital de canto e piano de obras de Emile Naoumoff, que ofrecerá o propio pianista acompañado da mezzosoprano americana Mary Ann Hart.

O III Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo continuará os vindeiros 15 e 17 de agosto.
————————
MAÑÁ CELÉBRASE A QUINTA FESTA DO PERCEBE DE RINLO. SERÁN MÁIS DE MIL KILOS OS QUE SE PORÁN Á VENDA AO PREZO DE 11 EUROS A RACIÓN.

Ribadeo, 8 de agosto de 2008. Mañá celébrase a quinta Festa do Percebe de Rinlo. Unha cita gastronómica na que se porán á venda máis de mil kilos deste marisco ao prezo de 11 euros a ración. A festa está organizada pola agrupación de mariscadoras de Rinlo coas que colaboran a Dirección Xeral de Turismo, a Consellería de Pesca e o Concello de Ribadeo.

O alcalde, Fernando Suárez, considera que <se trata dun auténtico revulsivo no que é a actividade lúdico-festiva e turística do verán en Ribadeo, polo que agardamos que mañá non sexan centos senón milleiros de persoas os que se acheguen a Rinlo tanto da Mariña luguesa coma do Occidente asturiano así coma os visitantes que temos entre nós para disfrutar deste evento>.

O rexedor lembra que Rinlo <no pasado estivo vinculado á pesca de baleas e á pesca costeira e moitos dos seus homes estiveron enrolados na mariña mercante e agora destaca polo marisco e en concreto polo percebe>.

A quinta Festa do Percebe de Rinlo dará comenzo sobre a unha do mediodía nunha carpa instalada no porto.
————————
O ALCALDE CONVIDA AOS VECIÑOS E VISITANTES DA MARIÑA A DISFRUTAR DO FESTIVAL DO EMIGRANTE QUE SE CELEBRA MAÑÁ.

Barreiros, 8 de agosto de 2008. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, convida aos veciños e visitantes da Mariña a achegarse mañá ao seu municipio para disfrutar do Festival do Emigrante <que coorganiza o Concello xunto coa Agrupación Folklórica O Arco da Vella de San Miguel. É un festival que se ven celebrando ano tras ano desde hai vintesete e que se fai precisamente no mes de agosto tal e como di o seu nome para que os nosos emigrantes puidesen disfrutar deste grande espectáculo cando nos visitan no verán>.

A vixésimo sétima edición do Festival do Emigrante reunirá mañá ao Ballet Folklórico Tradiciones de México,  á Agrupación Canteriñas de Triana de Portugal, ao grupo de danza ASSYA-KYA da República de Komi e á Agrupación Folklórica O Arco da Vella de San Miguel de Reinante que actuarán a partires das dez da noite no campo de fútbol das Valgas. Ao remate desta tradicional cita váise celebrar unha verbena na Praza do Souto que será amenizada polo grupo musical Lecer.

A Praza do Souto será tamén escenario desde pola mañá da terceira feira de artesanía que se poderá ver durante toda a xornada. E de dez da mañá a oito da tarde os que o desexen tamén poderán degustar o polvo á feira que servirá unha coñecida pulpería.

O rexedor barreirense engade que <o nivel deste festival é moi elevado e calquera veciño da Mariña pode achegarse na noite de mañá ao campo de fútbol das Valgas a disfrutar deste evento>

Exit mobile version