Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños de Foz levan 6 anos pedindo un servizo de urxencias no centro de saúde

Os veciños de Foz desplazanse a urxencias do hospital de BurelaFOZ.- Veciños de Foz manteñen vivo dende o ano 2002 o maior movemento reivindicativo existente na Mariña: fan unha concentración cada primeiro sábado de mes para pedir que o centro de saúde do seu concello conte con un servizo de permanente de urxencias medicas. Estan agrupados Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública.
Despois de seis anos reivindicando un servizo de urxencias permanente para Foz, os veciños son expertos en padecer ninguneos e escoitar milongas pois dáse a circunstancia de neste período de tempo houbo alternancia de poder entre o PP e o PSOE e ningún solventou o problema. Primeiro foi o PP o que non accedeu as súas reivindicación, que apoiaban os socialistas, e agora e o PSOE o das milongas; o tempo cúrao case todo.
O maior compromiso acadado polos veciños foi no ano 2005, coa actual Conselleira de Sanidade, que accedeu a implantar durante os meses de verán un servizo de urxencias, pois neste tempo multiplicase a poboación de Foz. A conselleira non cumpriu e os veciños seguen esperando.

Exit mobile version