Site icon Crónica3.com A Mariña

Un incencio en Burela fai que o alcalde solicite un parque de bombeiros comarcal

BURELA.- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, acudiu esta mañá á rúa Arcadio Pardiñas, onde se rexistrou un incendio nun piso do inmoble nº 83. Llano conta que “comenzou a sair fume por unha ventá dun piso que está moi preto aquí do Concello e da estación de FEVE e inmediatamente movilizáronse os efectivos de Protección Civil de Burela e Cervo e a Garda Civil”. O alcalde asegura que “se viviron momentos de angustia porque se creía que había dous rapaciños dentro do piso, pero non foi así porque se atopaban de mudanza. A intenvención foi moi rápida. Había unha persoa impedida ni piso superior e houbo que romper a porta para poder sacala, e despois foi remitida ao hospital para sometela a unha revisión, pero afortunadamente atópase ben”.

Alfredo Llano di que “estamos agora pendentes da valoración que están a realizar os técnicos do noso Concello para analizar si hai risco de derrumbe tanto nese piso como no resto do inmoble ou os probemas que puideran xurdir nos edificios colindantes”. Llano felicita “ós Grupos de Intervención Rápida pola súa actuación e tamén á Garda Civil. Esto que hoxe ocorreu ven indicar a necesidade urxente que temos de contar cun bó parque de bombeiros na comarca o máis preto posible das nosas vilas para prestar a atención necesaria o máis rápido posible. Estas cousas non suceden a miudo, pero pasan, e hai que estar preparados para actuar”.

Exit mobile version