RIBADEO.- A comisión de Urbanismo do concello de Ribadeo abordará a o expediente de petición de Area de Rehabilitación Integral para a parroquia de Rinlo; tratase de potenciar as “súas características e o seu valor urbanístico, pintoresco e paisaxístico, que se faga unha actuación integral que potencie os valores de Rinlo que constitúe unha parte do patrimonio arquitectónico cultural do Concello de Ribadeo e da Mariña Lucense” explicou o alcalde Fernando Suarez.
O alcalde ribadense abondou indicando que “tratase de darlle unha situación xurídico formal e un status diferente ao núcleo urbano de Rinlo que xunto co da vila de Ribadeo son os dous núcleos urbanos que ten o municipio. Rinlo pretendemos que teña unha similitude co que é o caso vello de Ribadeo en canto a rehabilitación e a axudas para levar a cabo eses traballos, algo que se ven facendo desde hai oito ou nove anos”.
Nota de Prensa
A COMISIÓN DE URBANISMO PREVISTA PARA ESTE MÉRCORES EN RIBADEO ABORDARÁ O EXPEDIENTE DE PETICIÓN DE ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL PARA RINLO.
Ribadeo, 7 de xullo de 2008. A Comisión de Urbanismo prevista para este mércores á oito da tarde abordará o expediente de petición de Área de Rehabilitación Integral para Rinlo <á vista de que se ten efectuado durante o 2007 unha primeira actuación de rehabilitación de fachadas co pintado das mesmas nese núcleo pero compre, dadas as súas características e o seu valor urbanístico, pintoresco e paisaxístico, que se faga unha actuación integral que potencie os valores de Rinlo que constitúe unha parte do patrimonio arquitectónico-cultural do Concello de Ribadeo e da Mariña Lucense>, explica o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor sinala que <se trata de darlle unha situación xurídico-formal e un estatus diferente ao núcleo urbano de Rinlo que xunto co da vila de Ribadeo son os dous núcleos urbanos que ten o municipio. Rinlo pretendemos que teña unha similitude co que é o caso vello de Ribadeo en canto a rehabilitación e a axudas para levar a cabo eses traballos, algo que se ven facendo desde hai 8 ou 9 anos desde unha ARI>. Fernando Suárez engade que <imos iniciar os trámites coa Consellería e co Ministerio de Vivenda para que colaboren e contribúan a financiar aspectos da rehabilitación privada dos veciños que teñen os seus inmobles no casco tradicional de Rinlo. Para iso nos vindeiros meses haberá que redactar un proxecto, pero agora o pleno ten que pronunciarse sobre a conveniencia ou non (e eu agardo que sexa que sí) de levar adiante esta iniciativa para que os propietarios poidan ir amañando e acondicionando esta vila tan fermosa e tan turística>.
O alcalde recoñece que non fixo moito por Rinlo nos últimos anos <agás unha rehabilitación da franxa costeira realizada por Costas e o pintado das fachadas que fixo Vivenda no 2007. Agora temos que darlle continuidade a eses traballos para o que é necesario contar con esa área de Rehabilitación Integral para Rinlo>.
Un asunto que se abordará na comisión do mércores e no pleno ordinario previsto para o vindeiro 14 de xullo ao que se lle proporá: aprobar a delimitación do ámbito da Área de Rehabilitación Integral de Rinlo como proposta á Consellería de Vivenda e Solo, solicitar esa declaración e acollerse ás axudas previstas pola Xunta para as ARI e solicitar a sinatura dos pertinentes acordos coa administración autonómica e o Ministerio de Vivenda para a realización e financiamento das actuacións de rehabilitación e de urbanización de dita área.