RIBADEO.- O Grupo Provincial do PP lamentou hoxe que socialistas e nacionalistas se negasen a que a Deputación inste á Xunta á crear máis xulgados na provincia de Lugo, entre os que se inclúe un xulgado específico de violencia de xénero.
Os deputados populares pola Mariña, José María González Barcia, José Manuel Yanes Ginzo e Guillermo Leal Arias “consideran que nin Ribadeo nin a súa comarca merecen este trato, tendo en conta que a demanda do partido xudicial, coa conseguinte creación dun xulgado de primeira instancia e instrucción, é unha reivindicación de toda a cidadanía ribadense e tamén do propio pleno municipal”.
Para os tres deputados populares, unha vez máis, “Antón Veiga, deputado do BNG, e pertencente á comarca de Ribadeo, e Lara Méndez e Melchor Roel, deputados socialistas, déronlle as costas á Mariña e neste caso concreto á Mariña Oriental e Ribadeo. Polo tanto, deben aclarar a súa postura porque os cidadáns teñen dereito a recibir explicacións”.
No caso da Mariña Oriental e de Ribadeo, chove sobre mollado, porque “tampouco se entende ben a postura da Deputación no que se refire ós accesos á praia de As Catedrais”.
Tampouco comprenden os populares “a negativa á crear un xulgado de violencia de xénero específico para a provincia, que sen dúbida ningunha serviría para axilizar procesos xudiciais neste campo, que agora mesmo van desesperantemente lentos para as víctimas”.
Para os tres deputados populares, “socialistas e nacionalistas son expertos en decir unha cousa nun sitio e outra noutro, segundo os seus intereses, e tamén en non asumir compromisos”.