Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo conta con unha brigada de loita contra o lume

RIBADEO.- O concello de Ribadeo ten en Cubelas unha brigada de protección contra o lume,  este servizo depende da Consellería de Medio Rural. Según indicou concelleiro delegado de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro hai cinco persoas cuio traballo  “consisten de xeito prioritario na loita contra os lumes, así como todas aquelas tarefas que tamén teñen que ver cos incendios: desbroces das balsas, limpeza dos camiños forestais, repoboacións e adecentamento das masas común que sexan necesarias”.

Nota de Prensa

O CONCELLO DE RIBADEO CONTA CUNHA BRIGADA SEAGA FORMADA POR CINCO PERSOAS.

Ribadeo, 9 de xullo de 2008. O Concello de Ribadeo, segundo anuncia o concelleiro delegado de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, <conta cunha brigada denominada SEAGA dependente da Consellería de Medio Rural a través dos servizos agrarios galegos>. Esta brigada que está formada por cinco persoas traballará durante tres meses no municipio desde a base que ten en Cubelas.

As tarefas que realizará <consisten de xeito prioritario na loita contra os lumes, así como todas aquelas tarefas que tamén teñen que ver cos incendios: desbroces das balsas, limpeza dos camiños forestais, repoblacións e adecentamento das masas común que sexan necesarias>, engade Cupeiro.

A brigada SEAGA traballa en Ribadeo durante os meses de xullo, agosto e setembro.

Exit mobile version