BURELA .-A emisora radio Voz emitira desde Burela programa Voces de Galicia con motivo do día da Feira do Bonito. A concelleira, Remedios López Villar, coma coordinadora explicou que “neste programa participarán representantes de S.C.R. Ledicia, técnicos de PRODUART, as concellerías de Cultura, Turismo e Mar e representantes de ABSA e da Cofradía de Pescadores.
Nota de Prensa
BURELA PROMOCIONARÁ A FESTA DO BONITO NO PROGRAMA DE RADIO VOCES DE GALICIA QUE SE EMITARÁ O MARTES DESDE A CASA DO CONCELLO.
Burela, 24 de xullo de 2008. O Concello de Burela promocionará a XXIV FESTA DO BONITO, a través do programa Voces de Galicia de RADIOVOZ que se realizará en directo dende o salón de plenos do Concello de Burela o martes 29 de xullo en horario de 11,00 as 13,30 h.
Voces de Galicia é un programa de entretenimento que se adapta á divulgación de calquer tipo de evento que se desarrolle no noso pobo e utilizaráse como soporte para dar a coñecer e divulgar a XXIV FESTA DO BONITO. A concelleira, Remedios López Villar, coma coordenadora anuncia que <neste programa participarán representantes de S.C.R. LEDICIA, técnicos de PRODUART, as concellerías de Cultura, Turismo e Mar e representantes de ABSA e da Cofradía de Pescadores.
Remedios López Villar lémbranos que <dende o ano 1999 esta festa é declarada de interés turístico e trátase non só de promover Burela senón tamen os seus productos e invitar a que todo o mundo participe neste importante evento que se celebrará o día 2 de agosto>.