CERVO.- O PSOE cualifica de “impertinente” a intervención do Alcalde de Cervo no acto de inauguración do novo centro de saúde de San Cibrao, por considerar que non tivo en conta a todas as administracións que axudaron a facer realidade a obra e por incidir en que fora somente iniciativa do goberno do PP na Xunta hai catro anos e consideran que deberan gardarse as formas de protocolo nun acto institucional.
NOTA DE PRENSA REMITIDA
OS SOCIALISTAS DE CERVO CALIFICAN DE “MOI IMPERTINENTE A INTERVENCIÓN DO ALCALDE, NA INAUGURACIÓN DO NOVO CENTRO DE SAUDE DE SAN CIBRAO REALIZADA POLA CONSELLERÍA DE SANIDADE”
-Os Socialistas de Cervo consideramos que “na desafortunada intervención do Alcalde non representou para nada o sentir da inmensa maioría dos veciños da nosa vila, e que unicamente o fixo o dos hooligans do PP”
-O Alcalde de Cervo co seu comportamento estase a converter ca súa sectaria actitude nun problema, para que outras Administracións invistan no noso Concello
– Aínda que os responsables do PP puxeron a primeira pedra do Centro de Saúde nos 16 anos que gobernaron, foi un Goberno presidido por Emilio Pérez Touriño o que o fixo posible poñendo tódalas demais
Cervo, 16 de xullo do 2008. A Agrupación local de Cervo do PSdeG-PSOE cualifica de “moi impertinente a intervención do Alcalde, na inauguración no novo Centro de Saúde de San Cibrao realizado pola Consellería de Sanidade”.
Dende o PSOE de Cervo queremos manifestar “que o Alcalde non só falseou a realidade atribuíndolle ao PP a consecución do Centro Sanitario, senón que chegou a criticar visitas da Conselleira adicadas a realización de charlas informativas sobre a Sanidade Galega no Concello de Cervo”.
Os Socialistas de Cervo consideramos que “na desafortunada intervención do Alcalde non representou para nada o sentir da inmensa maioría dos veciños da nosa vila, e que unicamente o fixo o dos hooligans do PP”.
Un centro punteiro
O PSOE de Cervo quere lembrarlle ao Alcalde “que aínda que os responsables do PP puxeron a primeira pedra do Centro de Saúde nos 16 anos que gobernaron, foi un Goberno presidido por Emilio Pérez Touriño o que o fixo posible poñendo tódalas demais. Para convertelo nun Centro de Saúde punteiro con tódolos equipamentos materiais e humanos necesarios para garantir aos cidadáns da nosa vila unha Sanidade de calidade e acorde cos tempos que vivimos. Algo que os Gobernos do PP na Xunta non lles deu tempo de realizar nos 16 que gobernaron”.
A Agrupación Socialista de Cervo “felicitase non só pola apertura deste Centro Sanitario, senón tamén polas melloras que se teñen producido no centro de saúde de Cervo, onde a Consellería acaba de investir mais de 60.000 euros de fondos propios a diferenza do que pasaba cando había Gobernos do PP na Xunta, xa que era o propio Concello, naquel entonces cun Goberno Socialista, o que tiña que costear as melloras e mantemento do Centro”.
Criticas nun acto institucional
Os Socialistas de Cervo consideran “lamentable que o Alcalde utilizara un acto institucional para criticar visitas da Conselleira ao Concello, con motivo da realización de charlas sobre cambios que se están producindo no Sistema Sanitario Galego. O que se pode entender como unha mostra clara de que o Alcalde só busca a confrontación institucional en favor de intereses partidarios que nada teñen que ver cos veciños da nosa vila, xa que sempre amosamos respecto e apoio hacia os responsables políticos da Xunta, e valoramos o seu compromiso cos investimentos que realizan na nosa vila co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos cidadáns. Algo que parece que ao actual rexedor de Cervo lle molesta profundamente polo cal vai converténdose cada día un pouco mais nun problema para Cervo e os seus habitantes”.
Cervo a 16 de xullo de 2008
Grupo Municipal Socialista