CERVO.- O PSOE e o BNG fixeron públicos comunicados sinalando a situación urbanística e financeira do concello despois de que a promotora Astunosa, antes Pasillo Verde, paralizase a construción de 532 vivendas en San Cibrao e declarouse insolvente adebedando ao concello 1.300.000 euros do Convenio de Infraestructuras e Servizos asinado co concello en novembro de 2006.
O PSdeGPSOE pregunta como afectará a insolvencia de Astunosa as arcas municipais e o BNG afirma que o Convenio asinado polo goberno municipal e a promotora non conta con ferramentas xurídicas que garantan ese pago.