Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros está igual ou peor que anos atrás, asegura Antonio Veiga

BARREIROS.- O BNG valora negativamente a xestión do goberno municipal do PP no concello de Barreiros durante o último ano e. O portavoz nacionalista, Antonio Veiga, afirma que “seguimos igual ou peor que anos atrás en materia de trámites burocráticos ou na posta en marcha de servizos para os veciños” e recorda os “incumprimentos” do polígono industrial, a Casa da Cultura ou o mantemento da rede viaria.
Según Antonio Veiga a xestión do PP á fronte do Concello “foi practicamente nula” no último ano.

Nota de Prensa

O BNG DE BARREIROS TILDA DE NULA A XESTIÓN DO PP Á FRONTE DO CONCELLO NO ÚLTIMO ANO.

Barreiros, 7 de xullo de 2008. O BNG de Barreiros tilda de prácticamente nula a xestión do PP á fronte do Concello no último ano. O seu voceiro, Antonio Veiga di que <seguimos igual ou peor que anos atrás en materia de trámites burocráticos ou na posta en marcha de servizos para os veciños>. Entre os incumprimentos que nomea o nacionalista Antonio Veiga están o polígono industrial, a Casa da Cultura ou o mantemento da rede viaria.

Veiga Outeiro asegura que <o Concello de Barreiros ainda non puxo a disposición da Consellería de Vivenda e de Xestur os terreos para ubicar a depuradora do polígono industrial. Estánse adiantando os traballos da segunda fase e moito nos tememos que cheguemos a esa fase e que non estea resolto este asunto, porque de momento o único que ten o Concello é un acordo de compra duns terreos que son importantísimos para ese foco de desenvolvemento que entendemos vai ser o polígono industrial e onde a Consellería de Vivenda e Xestur están totalmente volcados. É unha mágoa que por parte do Concello non se produza a mesma celeridade que hai por parte deste departamento que dirixe a nacionalista Teresa Táboas>.

O voceiro do BNG en Barreiros critica tamén o estado no que se atopa a Casa da Cultura <que leva tres anos rematada e tres anos pechada tamén pola mala xestión do Concello, pero eso sí ainda que hai dous arquitectos no Concello parece ser que as deficiencias arquitectónicas que se detectaron por parte da Vicepresidencia da Deputación levan dous anos sen seren subsanadas e Barreiros está facendo as súas actividades culturais nun teleclube dos anos 60. Desde logo que si esto é xestión, nós non concordamos con ese tipo de xestión>.

Antonio Veiga pon en dúbida o funcionamento da Concellaría de Obras de Barreiros e sinala que <unha vez máis e nesta data a principios do verán temos que voltar a recalcar que o mantemento da rede viaria municipal é penoso, os desbroces, a limpeza….. ainda sendo conscientes de que Barreiros ten unha longuísima rede viaria local, chámanos moito a atención que habendo un concelleiro de obras con adicación exclusiva por primeira vez na historia de Barreiros vaia ocorrer o mesmo que en anos anteriores que rematará o verán e estarán casi impracticables as vías locais porque cando chegan á outra punta do Concello facendo eses traballos a maleza está a medrar pola outra banda>. Veiga engade que <eso que por parte do PP tamén se comprometían nos plenos a crear unha brigada de obras permanente para manter esa rede viaria en condicións, e nós non a vemos por ningún lado e quen está dirixindo a brigada de obras pois parece que non o fai con moito acerto>.

Exit mobile version