Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de solicita que se retire a taxa da gardería

CERVO.- O grupo do PSOE no concello de Cervo presetou unha alegación solicitando a retirada da Ordenanza que regula a taxa para a prestación do servizo de gardería (PAI) por considerala inxusta e porque representa unha discriminación para as familias, despois de ter subvencionado unha gardería privada. Afirman tamén que descendeu o número de matrículas nun 55% e que algunhas familias optaron por levar os nenos a garderías de Burela e Xove.

NOTA DE PRENSA
O Grupo Municipal Socialista de Cervo presenta alegacións á “Baby taxa” esixindo a súa retirada

O número de matrículas no PAI de Cervo descende un 55%,  e algúns pais optan por levar aos seus fillos a garderías de Burela e Xove

Os datos corroboran o que xa era de prever; a aplicación dunha taxa elevada e inxusta, a falla de información por parte do Concello e a mellor oferta doutros concellos veciños fixo que descendera un 55% o número de matrículas no PAI de Cervo.

Algunhas familias decidiron matricular os seus fillos noutros centros nos concellos veciños de Xove ou Burela, que ofrecen mellores prezos, e mellores servizos coma horarios ininterrompidos de 07:30 h – 21:30 h no caso de Burela, así coma  transporte e comedor.

Outra das condicións que valoran os pais destes centros veciños á hora de matricular os seus fillos son a calidade das instalacións e os ratios profesor/neno. No caso do PAI de Cervo, as instalacións non son as mais axeitadas para albergar a estes nenos, xa que hai moita humidade nalgunha das paredes, e os metros cadrados das estancias son moi reducidos, tendo en conta o número de nenos que poden estar ao mesmo tempo nestas habitacións.

O Grupo Municipal Socialista de Cervo, reprocha ademais a Alfonso Villares que non quixera reunirse cos usuarios do PAI, tal y como pedimos os socialistas no Pleno onde se debateu á aplicación da taxa, amparándose en que os veciños de Cervo xa habían decidido nas urnas quen tiña que tomar decisións por eles.  Esta actitude prepotente e chulesca é indigna dun mandatario, máxime cando se trata de asuntos tan delicados coma o coidado dos mais pequenos.

Temos que recordar ademais que o alcalde, á vista das críticas recibidas pola aplicación desta taxa, enviou unha carta aos usuarios do PAI intentando xustificar o pago da taxa escudándose en que viñan impostas pola Xunta. Pero tamén esqueceu neste caso o Sr. Villares, que estes prezos que recomendan para a rede de garderías e galescolas inclúen horarios ininterrompidos, e servizos coma transporte e comedor, cosa que non se da no caso do PAI de Cervo.

Un exemplo: unha familia de Burela con un fillo e unha renda media mensual pagaría por xornada completa ininterrompida, transporte e comedor 80 € máximo; si extrapolamos a Cervo, os pais teñen que aportar por unha xornada completa 110 € sen ningún tipo de servizo adicional, tendo que acudir ao centro nun horario non compatible co horario laboral e dispoñendo dunha persoa para acudir a recoller ao neno a hora de comer, posto que o PAI está pechado a hora do almorzo.

En definitiva, pedímoslle ao Alcalde de Cervo valentía política e vontade de servizo para retirar a taxa e para manter contactos cos usuarios e buscar fórmulas    para compatibilizar a vida laboral e familiar dos veciños coa finalidade de dar servizos no concello evitando a emigración a concellos veciños.

Exit mobile version