Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo dice que o concello subvencionou unha gardería privada

CERVO.- Segundo un comunicado do PSOE de Cervo o concello subvencionou unha gardería privada con máis de 36.000 euros e só para cinco nenos. Nunha finca privada cerca do colexio de Galdín o concello pagou a montaxe e o aluguer dunha caseta, subvencionou o transporte e co comedor para atender a cinco nenos de familias que non quixeron matricular os seus fillos noutros centros do concello. Mentres isto ocorre os usuarios do Punto de Atención Infantil terán que pagar entre 55 e 110 euros.

NOTA DE PRENSA.

O Concello de Cervo subvencionou con mais de 36.000 € unha gardería privada

O alcalde cobrará aos 30 usuarios do PAI entre 55 y 110 €, e paralelamente subvenciona profesorado, comedor e transporte gratuíto para 5 nenos

Vulneración de dereitos, desigualdade e discriminación en toda regra é a forma de xestión que caracteriza ao Partido Popular de Cervo se nos baseamos nos últimos acontecementos e actuacións levadas a cabo polo equipo de goberno que preside Alfonso Villares.

O caso mais grave produciuse nas últimas semanas cando soubemos  que o Concello de Cervo pretende cobrar aos usuarios do PAI unha taxa polo mesmo servizo que ven ofrecendo hata de agora, e sen ningunha mellora a maiores que xustifique o paso de 0 a 110 € de forma inminente, amparándose na diminución de subvencións por parte de Vicepresidencia.

O que non conta o Sr. Villares é que o concello de Cervo no mes de setembro levou a cabo obras de acondicionamento nunha finca privada, anexa ao colexio de Galdín e contratou a instalación dunhas casetas de obra adosadas e o seu aluguer durante todo o período escolar, subvencionando ademais o transporte e o comedor para os 5 nenos cuyas familias non quixeron matricular aos seus fillos nos centros do concello de Cervo, a pesar de que contaban con prazas nos mesmos. O concello completou o atropelo contratando a persoal para dotar de profesorado estas improvisadas instalacións.

2.500 € de montaxe de casetas, 600 €/mes de aluguer e 24.000 € de gastos de persoal, a parte dos gastos de acondicionamento e instalación de auga e luz na finca privada a cargo de persoal do concello de Cervo; en total máis de 36.000 € para 5 nenos. Neste caso, a pesar de non contar con ningún tipo de subvención, o alcalde non tivo reparo algún en sacar os cartos do Concello para esta iniciativa privada.

Mentres, no outro extremo da balanza, 30 nenos usuarios dun servizo público coma é o PAI de San Ciprián, contan con dúas profesoras, e o Concello, non só non subvenciona nin transporte nin comedor, senón que ademais agora intenta poñer unha taxa que afogará aínda mais as economías das familias. En resumo, Alfonso Villares subvenciona o privado e impón taxas aos servizos públicos.

Outro caso de discriminación palpable é a diferenza de criterio á hora de conceder subvencións para as AMPA e asociacións deste concello. Así a modo de exemplo o AMPA do CEIP Galdín, recibe subvencións de 20.000 € para transporte e comedor; pola contra, os CEIP de Cervo, Rivera Casás e o Instituto Marqués de Sargadelos reciben axudas de 1.200 €, o que supón unha clara discriminación e corrobora que para o Concello de Cervo hai cidadáns de primeira e de segunda.

Dende o PSdeG-PSOE parécenos unha auténtica desvergonza o feito de que para o alcalde de Cervo os cidadáns sexan tratados de distinta forma e un atropelo que as familias deste concello non teñan as mesmas oportunidades e dereitos.

O Grupo Municipal Socialista, amparándose en todos estes antecedentes, presentará alegacións á Ordenanza Fiscal Reguladora da taxa para o PAI e solicitará a súa modificación ou retirada.

Paralelamente, solicitarémoslle ao alcalde, que subvencione comedor e transporte para os usuarios do PAI e un incremento  do persoal, adecuándoo os ratios coidador/neno e ampliando os horarios, de forma que estes sexan compatibles cos dos pais favorecendo a conciliación da vida familiar e persoal que é a finalidade destes centros.

Alfonso Villares non poderá denegar todas estas peticións para estes 30 nenos, posto que si o fai, estaría vulnerando o dereito de igualdade que teñen todos os cidadáns, e polo tanto o alcalde está obrigado a subvencionar comedor e transporte para todos sen ningún tipo de escusa.

En Cervo, a  14 de xullo de 2008

Grupo Municipal Socialista

Exit mobile version