Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide ao BNG que se pronuncie sobre contratación de persoal no concello de Burela

BURELA .- O grupo municipal do PP pide que o BNG, que “sempre defendeu a legalidade e a transparencia” se pronuncie sobre “sobre tantas irregularidades na contratación de persoal laboral fixo como se teñen coñecido”. Os populares aseguran que a primeira tenente de alcalde, Neves Cando, “posicionouse en defensa de Lucía Bouza, e asegurou que non coñecía ningunha irregularidade. Agora sí se coñecen irregularidades, e se antes opinou, tamén debe opinar agora”.

Nota de Prensa

NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR DE BURELA

O PP pide que o Bloque aclare se segue apoiando a Bouza.

Os populares consideran que Nieves Cando debe pronunciarse sobre tantas irregularidades na contratación de persoal.

O GMPP manifestou hoxe mediante unha nota de prensa que o BNG, e máis exactamente Nives Cando, por ser ela quen se manifestou públicamente nos medios informativos, debe pronunciarse sobre tantas irregularidades na contratación de persoal laboral fixo como se teñen coñecido, porque se sabemos que a parte socialista do bigoberno dá a calada por resposta, os cidadáns teñen dereito a coñecer o que pensa a parte nacionalista e esta está obrigada a dar explicacións.

Os populares lembran que a raiz da polémica desatada hai semanas por un sector de afiliados socialistas, Nieves Cando posicionouse en defensa de Lucía Bouza, e asegurou que non coñecía ningunha irregularidade. Agora sí se coñecen irregularidades, e se antes opinou, tamén debe opinar agora. E sería bon que as explicacións foran convicentes e non se limitaran a argumentos pouco sólidos e excusas de mal pagador que non se baseen na crítica ó que critica.

O BNG sempre defendeu a legalidade e a transparencia, cuestións estas que agora están en tela de xuizo; e como Cando tén acceso á documentación, pode ter unha opinión bastante sólida que os cidadáns deben coñecer.

Confiamos en que o Bloque se pronuncie e non dea a calada por resposta, que interpretaríamos como unha forma de silenciar “os problemitas” que houbo na selección de persoal da gardería, xa que non se atenderon debidamente as peticións de revisión de examen, e en algún caso no que se fixo nin tan siquera se levantou acta, cuestión que é obligatoria, e mesmo participou na revisión de algún  examen a Sra. Cando, cuestion que non é legal xa que ela non formaba parte do tribunal de selección de persoal.

En Burela, a vintecinco de Xullo de dous mil oito.

O Grupo Municipal do Partido Popular de Burela.

Exit mobile version