Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela pregunta polo investimento en protección civil

BURELA.- O grupo municipal do PP anuncia que no pleno de hoxe perguntará ao alcalde polo investimento en protección civil, concretamente se “cedeu ante a Deputación na reivindicación dun parque de bombeiros compartido por Cervo e Burela”. Tamén se interesa polos trámites realizados para a creación dun parque empresarial.

NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR

O GMPP pregunta polo investimento en materia de protección civil.

Considera que o alcalde cedeu ante a Deputación na reivindicación dun parque de bombeiros compartido por Cervo e Burela.

Tamén se interesa polos trámites realizados para a creación do parque empresarial.

O GMPP de Burela formula no pleno ordinario de hoxe varias preguntas, moitas delas vinculadas co incendio sufrido o pasado martes.

En primeiro lugar, o PP quere solidarizarse coas persoas afectadas polo sinistro, e poñerse á súa disposición para o que estimen oportuno.

Igualmente, o PP quere mostrar o máximo respecto ó traballo do servicio de Protección Civil do concello de Burela, da Garda Civil, e do Servicio de Protección Civil de Cervo.

En segundo lugar, o PP non esquece que hai componentes políticos que cómpre que se aclaren. Para o PP, é obrigado lembrar que durante a etapa de goberno do PP no concello de Burela, creouse a agrupación de protección civil, se puxeron en marcha o GMIR e o GRUMIR, mercouse material para o servicio de protección civil e tamén se mercou o vehículo contraincendios actual. Pois ben, cada vez que había un sinistro, chovían as críticas para o PP tanto por parte do PSOE coma por parte do BNG.

Pasado algo máis dun ano de bigoberno en Burela, o PP non vai poñer en tela de xuizo o traballo de protección civil. O que poñemos en tela de xuizo é o traballo do alcalde, como máximo responsable en materia de protección civil.

Por eso queremos saber canto se investiu en 2007 e en 2008, descontado o vehículo contraincendios, que foi adquirido polo PP, en materia de protección civil. Tamén queremos saber cal é a postura do alcalde ante a posibilidade de crear un parque de bombeiros compartido por Burela e Cervo, que era o plantexamento do goberno municipal do PP e do goberno da Xunta do PP. O GMPP lembra que o alcalde “achantou” na visita oficial do presidente da Deputación a Burela, e non foi capaz de reivindicar o parque de bombeiros compartido, porque sinxelamente dixéronlle que nin o mencionase.

Ademais, e en materia de persoal, o PP desexa saber se, tal e como se facía anteriormente, o persoal do GMIR tén feito prácticas de manexo e coñecemento do material do que dispón o servicio de protección civil e cal é a distribución do persoal para dar a cobertura vintecatro horas que se require nun concello coma Burela.

Pero ademais neste pleno o PP pregunta polos trámites feitos e documentados para sacar adiante o parque empresarial de Burela, ante a impresión xeneralizada de que nos marcan o paso desde fóra, e de que non se fai nada.

Por último, o PP quere saber se se presentou algunha alegación ó Plano Director de Portos Deportivos da Xunta de Galicia, xa que, ante un asunto tan importante, o grupo maiorítario da corporación municipal, o PP, non recibiu ningún tipo de información. O PP lembra que este Plano tén o seu horizonte de concreción en 2020, co que Burela posiblemente verá con moito retraso o porto deportivo, que conta cun estudio de viabilidade que se presentou no concello e en público en abril de 2005, e que a Xunta bipartita tén gardado nun caixón.

En Burela, a trinta e un de Xullo de dous mil oito.

O Grupo Municipal do Partido Popular de Burela.

Exit mobile version