BURELA.- O grupo municipal do PP presentou unha moción no concello no que solicita que o goberno faga unha conxelación de impostos municipais e que baixe a contribución para o próximo ano. Ao mesmo tempo solicita a creación de dous fondos cuntotal de medio millón de euros para axudar aos autónomo e empresas a enfrontar a crise.
NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR
O GMPP de Burela pide unha conxelación dos impostos municipais e baixada da contribución para 2009.
Para axudar a paliar os efectos da crise económica, pretende crear dous fondos cun total de medio millón de euros.
Os populares pretenden axudar ás familias máis necesitadas e ós autónomos e empresas.
O GMPP de Burela contempla a posta en marcha dun amplo paquete de medidas, dentro da moción que tén presentado para colaborar a paliar os efectos da crise económica que se está a vivir, e que todo apunta a que terá os seus peores efectos en 2009.
O GMPP pide que se conxelen os soldos dos altos cargos políticos do concello, e que diminúan as contías destinadas a gastos de representación.
Pero sen dúbida as medidas máis fortes están contempladas na diminución nun cincuenta por cento da partida destinada a “gastos varios”, que tén un importe nos presupostos de 2008 de prácticamente medio millón de euros.
Para o PP, xunto con esta reducción importante, e reducindo certas partidas do presuposto, pódense crear dous fondos cun monto total de medio millón de euros; así, un deles contaría con douscentos cincuenta mil euros destinados a subvencións a familias en réxime competitivo, e outros douscentos cincuenta mil euros a autónomos, pequenas e medianas empresas, e empresas vinculadas co sector do mar, tamén en réxime competitivo.
Outro aspecto que contempla a moción do PP, para o ejercicio de 2009, é a conxelación dos impostos municipais, taxas e prezos públicos, pero especialmente a baixa do IBI, a contribución urbana, que o PP xa baixara en 2007, e que este ano se incrementou considerablemente.
Deste xeito, a inmensa maioría da poboación sentiría os beneficios da política económica do concello, cuestión que é o que pretende o PP. Segundo os populares, o concello tén efectivamente pouco marxe de maniobra, e non pode perder capacidade para financiar os servicios que presta, pero en época de crise o primeiro que tén que apretarse o cinto é o propio concello, controlando gasto e investindo en axudas ós máis necesitados, sexan familias ou autónomos ou pequenas e medianas empresas.
O PP finaliza a súa nota lembrando que nas épocas de crise as festas non dan de comer, e que os concellos teñen a obriga de poñer da súa parte todo o que poidan e máis.