BURELA .- O grupo municipal do PP de Burela anunciou que o “proceso de selección de persoal para a Aula de Educación Ambiental GAIA naceu viciado e podería darse por nulo todo o procedemento de mediar denuncias xudiciais por medio”. Os populares ven “detrais deste tema” a concelleira Lucía Bouza “que xa maquinou os baremos dos profesores da escola de Música”. Según o PP o proceso selectivo “non cumpriu a lei no seu primeiro exame, xa que o mesmo non foi custodiado pola secretaría do Tribunal, tal e como consta na acta de celebración e cualificación da indicada proba”.
Nota de Prensa
COMITÉ LOCAL-GRUPO MUNICIPAL
BURELA
NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR
O GMPP de Burela afirma que o primeiro exame do persoal laboral fixo de GAIA foi irregular.
Os populares aseguran que o examen non foi custodiado pola secretaría do tribunal.
O PP di que Lucía Bouza volve a estar baixo sospeita.
O GMPP de Burela afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que o proceso para a selección e contratación de persoal laboral fixo para a Aula de Educación Ambiental GAIA non cumpliu a lei no seu primeiro exame, xa que o mesmo non foi custodiado pola secretaría do Tribunal, tal e como consta na acta de celebración e calificación da indicada proba.
O PP lembra que un caso similar se deu no proceso de selección de persoal labora fixo de peóns e oficiais e daquela houbo sospeitas de que exemplares da primeira proba foron repartidos entre certos aspirantes.
Pois ben, agora volve a acontecer o mesmo, xa que lei di claramente que as probas serán confeccionadas polo tribunal e serán custodiadas pola secretaría do tribunal, e como esto non se cumpliu, a celebración do primeiro examen de GAIA foi ilegal, e por riba tamén con comentarios sobre a distribución de copias a determinados aspirantes. En definitiva, o proceso de selección de GAIA naceu viciado e podería darse por nulo todo o procedemento de mediar denuncias xudiciais por medio.
E detrais deste tema, a Srta. Dna. Lucía Bouza, que xa maquinou os baremos dos profesores da escola de Música para que o seu irmán fose o primeiro dos seleccionados, e agora volve a estar baixo sospeita, como algún sector do PSOE manifestou na prensa.
Esta señorita mentiu cando dixo que no proceso de GAIA non había ningunha irregularidade e que todo fora transparencia e legalidade. Como se vé, ós socialistas non se lles pode crer nada, minten coa maior cara dura, e non se poñen colorados.
Lucía Bouza súmase ó grupo de concelleiros socialistas que non son de fiar, e que acostuman a mentir, grupo que forman o alcalde, Dna. Remedios López, Dna. Sonia Fraga (que cando estivo traballando no concello non criticaba as entrevistas, logo dixo que as ía eliminar e agora seque a usalas) e Dna. Lucía Bouza. Sálvase de momento D. Pascual Domenech.
Todo esto deben sabelo os veciños do concello de Burela para que teñan claro en todo momento a catadura moral das persoas que nos gobernan representando ó PSOE. Logo non é de extrañar que entre eles, no mesmo PSOE, haxa o que hai. Razóns non lles faltan, ainda que logo son os primeiros que se fan as víctimas e lle piden ó PP que faiga oposición: pero como se vai poñer ó raposo a gardar o galiñeiro.
En Burela, a vinteún de Xullo de dous mil oito.
O Grupo Municipal do Partido Popular de Burela.