A Mariña.- O goberno central non conta con abrir ao trafico comercial o porto que usa en exclusiva a multinacional Alcoa, adxudicataria da concesión.
Isto deducese da resposta a unha pregunta formulada polo BNG, no congreso dos deputados, interesandose pola apertura do porto ao trafico comercial.
O goberno do estado respostou que “hasta a data actual, non se valorou a posibilidad de rescatar a concesión, polo que non existe constancia respecto a unha posible posición dea multinacional Alcoa”, indican os nacionalistas nunha nota de prensa.
No mes de setembro debatirase no cncgreso dos deputados unha proposta do BNG co fin de lograr a liberalización do dique norte do porto de Alcoa.
Nota de Prensa
O Goberno do Estado, o pasado 13 de Xuño, nunha contestación a unha pregunta do noso Portavoz no Congreso dos Deputados ven de afirmar que “Hasta la fecha actual, no se ha valorado la posibilidad de rescatar la concesión, por lo que no existe constancia respecto a una posible posición de la multinacional Alcoa”
A resposta do Ministerio de Fomento evidencia que non existe ningún tipo de vontade política por parte do Goberno socialista de proceder a dotar a Comarca da Mariña dunha infraestructura portuaria para o tránsito comercial.
A contestación ministerial, incide no xa dito en anteriores ocasións, e segue a chover sobre mollado nunha cuestión que se presenta crucial para o desenvolvemento económico da zona.
O goberno do estado volve a faltar a verdade con este tema cando afirma que para proceder a apertura do dique norte hai que proceder a rescatar unha concesión para enunciar a renglón seguido que a día de hoxe non se ten aberto ningunha negociación coa Alcoa.
O Bloque Nacionalista Galego ten rexistrado unha proposición non de lei no Congreso dos Deputados que se debaterá no vindeiro mes de Setembro a fin de lograr a liberalización do dique norte de Alcoa.
Xosé Ramón Ermida Meilán