Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG solicitou un reemisor de TDT para Alfoz

ALFOZ.- Desde o BNG de Alfoz critican que “o PP se apunte o éxito de poñer un reemisor para que se poidan ver os canles da TDT no concello xa que a iniciativa partiu de nós”, asegura o voceiro nacionalista Iván Marrube. O grupo municipal do BNG presentou unha moción no pleno que se celebrou o 28 de setembro de 2007 “solicitando a instalación dun reemisor para que os veciños pudiesen ver as canles da tdt, especialmente a Sexta, a máis demandada entre os veciños>, segue a contar Marrube, que engade que <nese pleno tras barallar diferentes opcións a moción quedou sobre a mesa e tivo que pasar casi un ano para que desde o Concello se fixera algo. Incluso lles falamos nese momento da posibilidade de falar co Concello do Valadouro para costear este servizo entre os dous Concellos”.

O voceiro do BNG en Alfoz considera que “queda patente día a día a falla de capacidade de xestión, compromiso e traballo do PPde Alfoz. É lamentable que teña que pasar casi un ano para que fixeran algo, e por enriba sempre a remolque das iniciativas que presenta o BNG, igual que pasa con moitas cuestións na vida diaria do concello. O único que van facer agora é empezar a xestionar a instalación dese reemisor”. Iván Marrube lembra que “naquela sesión plenaria desde o BNG xa manisfestamos que si dende o Concello se dirixían á Consellería de Industria para solicitar unha subvención para a instalación do reemisor (como xa fixo algún outro concello da costa en proxectos piloto) que desde o BNG de Alfoz estabamos dispostos a facilitar as citadas xestións ante ese departamento autonómico, pero desde o equipo de goberno non tomaron ningún tipo de iniativa e como manisfestou o tenente de alcalde no pleno do pasado xoves esperaban que fose exclusivamente a oposición a que lles xestionase a citada actuación”.

Marrube tilda de “lamentable que o equipo de goberno dun Concello pretenda que as iniciativas llas dirixa a oposición. O BNG de Alfoz está demostrando con feitos que é o partido que leva a total iniciativa na defensa dos intereses e demandas dos veciños do Concello”.

Exit mobile version