BARREIROS.- Antonio Veiga, voceiro do BNG no Concello de Barreiros, e responsable do Área de Cultura e Deportes da Deputación subliña que “o BNG cumpre tanto no Concello de Barreiros coma nas consellerías ou noutras institucións nas que goberna” e recorda que hai unha partida destinada o “abastecemento de gas ao polígono industrial”. Veiga tamén indica que desde a Deputación “xa hai dúas semanas que se licitou a compra dos camións nodriza para a extinción de incendios” para a posta en marcha do parque comarcal de bombeiros.
Nota de Prensa
O BNG cumpre
O nacionalista Antonio Veiga di que <o BNG cumpre tanto no Concello de Barreiros coma nas consellerías ou noutras institucións nas que goberna. Cuprimos e seguiremos cumprindo independentemente de cal sexa a cor política do alcalde de turno>. O voceiro do BNG apunta ao abastecemento de gas ao polígono industrial coma un dos compromisos realizados <hai xa unha partida adxudicada para eso, algo que lles virá moi ben a todas as empresas que se asenten nesa importante zona. E tamén cumprimos na adxucación das novas vivendas sociais, eso sí, cuns criterios moi claros advertíndolle a todo o mundo que estas casas son para ocupar, que van ter un seguimento e que son para persoas que realmente as necesitan, non como se fixo en anteriores ocasións onde as concesións de vivendas sociais ían parar a moita xente para alugar e a persoas que non as necesitaban. Desde logo que desde a Consellería de Vivenda iso non se vai permitir>.
Antonio Veiga, voceiro do BNG no Concello de Barreiros, e responsable do Área de Cultura e Deportes da Deputación suliña que a institución provincial tamén cumpre con este municipio coa posta en marcha do parque comarcal de bombeiros <xa que hai dúas semanas que se licitou a compra dos camións nodriza para a extinción de incendios, pero agora o Concello terá que darse celeridade e presentarlle á Deputación a documentación que amose que por fin ese edificio é legal e tamén terá que facilitar eses accesos que hai tempo que se están a xestionar e terá que adecuar esa rede de abastecemento….. esa conexión ao parque de bombeiros coa suficiente potencia para abastecer aos camións de extincións de incendios>.