BARREIROS .- O responsable municipal do BNG, Antonio Veiga, solicitará ao pleno que se celebrará o luns que se faga un pantalán flotante na zona da Anguieira. A proposta de Antonio Veiga e que “se retome aquel proxecto redactado por Portos de Galicia e que ía acompañado da remodelación da praia da Anguieira e do seu paseo marítimo, pero as obras de Costas remataron e do pantalán nunca máis se soubo”
Nota de Prensa
O BNG DEMANDA A TRAVÉS DUNHA MOCIÓN A CONSTRUCCIÓN DUN PANTALÁN FLOTANTE NA ZONA DA ANGUIEIRA.
Barreiros, 24 de xullo de 2008. O BNG ven de presentar unha moción no Concello de Barreiros para o seu debate no pleno do luns, na que pide que se retome o proxecto de construcción dun pantalán flotante na zona da Anguieira. O voceiro nacionalista, Antonio Veiga, considera que <todo o mundo é consciente de que Barreiros necesita moitas infraestructuras a nivel turístico, e hai un eido esquecido que é o marítimo>. Veiga lembra que <xa no ano 2001 se proxectou a construcción dun pantalán na zona da Anguieira ao lado do actual espigón que é moi necesario porque hai moitos barreirenses con embarcacións deportivas e de recreo e por outra banda toda a xente que nos visita no verán tamén quere disfrutar das súas embarcacións nos meses de xullo e agosto, pero desgraciadamente non hai esa infraestructura necesaria>.
Desde o BNG de Barreiros <queremos que se retome aquel proxecto redactado por Portos de Galicia e que ía acompasado da remodelación da praia da Anguieira e do seu paseo marítimo, pero as obras de Costas remataron e do pantalán nunca máis se soubo>. Antonio Veiga asegura que <aquel pantalán andaba polos sete millóns de pesetas e agora xa vai ser moito máis caro. Nós instamos á alcaldía a que adopte as medidas necesarias para retomar a execución dese proxecto do pantalán da Anguieira dirixíndose aos organismos competentes coa maior celeridade posible e co obxecto de concretar a disponibilidade orzamentaria e os prazos de execución da obra. O verán que ven Barreiros ten que dispoñer de toda esta infraestructura tan demandada por veciños e visitantes>.