Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pide en Barreiros que se faga un seguimento da autovía

BARREIROS.- O BNG de Barreiros levará ao pleno do 28 de xullo varias propostas relativas á autovía do Cantábrico “queremos que o Concello faga un seguimento real das obras da A-8 e de cómo lles están a influir aos veciños. Somos conscentes de que toda obra sempre provoca algunha incomodidade”, explica o voceiro nacionalista, Antonio Veiga.

Veiga Outeiro sinala que “o temor dos veciños de San Cosme e de Celeiro é fundado dado que se van facer unhas novas canalizacións para encauzar toda esa auga que antes baixaba por toda a ladeira da a montaña que circunda Celeiro de Mariñaos e San Cosme. Esa cantidade de auga pode provocar inundacións e serios problemas. E o que lle propoñemos ao Concello é que se poña en contacto cos veciños coma profundos coñecedores que son desa zona e ao mesmo tempo que se poña en contacto con Fomento para artellar solucións e que despois non haxa que lamentar ningún tipo de desgracia”.

O voceiro do BNG en Barreiros tamén considera necesario “facer un seguimento diario de cómo están a deixar a rede viaria local os camións que exceden o peso normal que poden soportar as pistas forestais. Ainda que entedemos que ao final das obras serán respostos non se pode agardar 3 ou 4 anos e que durante todo ese tempo non lle toque a esa rede viaria local. Queremos que o alcalde lle esixa á empresa constructora que vai repoñendo todas aquelas pistas que se estean a desfacer porque logo chegará o inverno e serán impracticables”.

Antonio Veiga lembra “o escaso seguimento que fixo o Concello da liña de alta tensión Boimente-Pesoz. Hai que recordar os problemas que xurdiron en Vilamar e o temor entre a xente porque non se fixo ese seguimento dese proxecto. Unha das funcións da concellaría de obras é supervisar todas estas cousas e ten que ir poñéndose as pilas neste sentido”

Exit mobile version