Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Burela rexeita as críticas do secretario de organización do PSOE á súa compañeira de partido Lucía Bouza.

A teniente de alcalde de Burela, Neves Cando, di que ao seu grupo non lle constan as supostas irregularidades denunciados polo demetido secretario de organización do PSOE local sobre a concelleira de Educación e Medio Ambiente, Lucía Bouza. Cando asegura que desde o seu grupo municipal <sempre defendemos e reclamamos transparencia e obxectividade nos procesos de selección do persoal e como tal desde o BNG así estamos a actuar>.

A edil nacionalista tilda de <serios problemas de carácter interno> aos últimos acontecementos acaecidos no seo do PSOE burelés e que salpicaron aos membros do equipo de goberno e engade que <agardamos que poidan e deban resolverse no seu do seu partido. O demetido secretario de organización lanzaba á luz unha serie de acusacións sobre os integrantes socialistas do grupo de goberno que nós cremos que deben ter unha resposta clara e contundente por parte do alcalde que é o máximo responsable do seu grupo>.

Neves Cando di que <desde o BNG reiteramos o compromiso do noso grupo de traballo por Burela e así o estamos a facer desde o primeiro en que asumimos responsabilidades de goberno levando para adiante proxectos que xa son unha realidade no ámbito do deporte, a cultura, o turismo, a industria, a igualdade, o benestar….>.

Exit mobile version