Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde de Burela visita a EXPO de Zaragoza

Tres membros da Corporación Municipal de Burela, entre os que se atopa o alcalde, Alfredo Llano, viaxarán o xoves a Zaragoza para visitar a EXPO, convidados pola Embaixada e polo Consulado de Cabo Verde. O xoves <partiremos de madrugada de Burela para estar ás catro da tarde en Zaragoza. Ás sete temos unha recepción no Concello que estará presidida polo alcalde, Juan Alberto Belloch e polo primeiro ministro de Cabo Verde, José María Neves>, conta o rexidor burelés, Alfredo Llano. E o venres participarán nos actos oficiais organizados con motivo da celebración do Día Nacional de Cabo Verde nos que haberá un espectáculo cultural e musical previsto para as oito da tarde. A expedición burelesa retornará de Zaragoza o sábado a mediodía.

Exit mobile version