BARREIROS.- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, lamenta a nova colocación de sinais de limitación de peso para os camións na estrada provincial que vai desde o tanatorio da localidade ás praias. “As sinais foron colocadas hai dous días, nunha estrada que foi executada hai uns anos que ten un ancho suficiente e un piso que está preparado para aguantar máis desas 20 toneladas de limitación”, explica o rexidor barreirense. Fuente critica que se axilicen tanto estas limitacións “e que non se axilice o desbroce e a limpeza das estradas provinciais. Parece que para o delegado de Vías e Obras da Deputación é máis interesante colocar sinais que desbrozar e limpar os viais que son da súa competencia”.
Alfonso Fuente asegura que con esta medida “non só se dificulta o paso de camións de escombro senón tamén a circulación do tráfico de mercancías de toda a actividade agrícola, coma a recollida de leite ou a de herba, xa que neste último caso hai moitos propietarios que recorren ós camións para sacar a herba dos seus prados. Estas sinais tamén causarán problemas á actividade empresarial de dúas firmas que se atopan na zona: unha adicada á fabricación de carrocerías e outra é unha canteira de area”.
O alcalde de Barreiros recrimínalle á Deputación que “se teñan colocado estas sinais sen consultarllo ó Concello nin ás empresas afectadas. Si antes criticaban á Deputación de Francisco Cacharro e dicían que era unha dictadura pois que baixe deus e vexa que é esto….. si antes era unha dictadura agora xa non sabemos o que é. Esto non é forma de gobernar, esto non é o goberno do talante senón que é unha dictadura total na que non se valora a quen afecta nin como afectan as medidas que se toman”.
Fuente Parga considera que “ó mellor a este delegado de Vías e Obras ó Sr. Martínez non lle gustou que no pleno do luns adoptáramos un acordo por unanimidade incluso cos votos do concelleiro do PSOE que apoiou unha moción do PP para reclamar esa limpeza inmediata das estradas e que se retire esa sinal de dirección prohibida desde o noso municipio hacia a praia de As Catedrais. E como non lle gustou ese acordo pois respondeu coa colocación desas sinais de limitación de peso”. O rexedor pídelle ó presidente da Deputación “que poña a ese señor onde o ten que poñer, porque ainda a día de hoxe non me pediu disculpas despois de terme denunciado polo roubo de dúas sinais en Barreiros”.