Site icon Crónica3.com A Mariña

Neves Cando anuncia que os grupos musicais de Burela terán locais de ensaio gravación

BURELA .- A alcaldesa en funcións e concelleira de Xuventude, Neves Cando, anunciou que no pleno do 31 de xullo estudarase habilitar “dúas salas de máis de 20 metros cadrados e unha cabina de gravación” na Praza de Abastos.
A responsable municipal subliñou que “somos coñecedores da intensa actividade que desenvolven varios grupos musicais da nosa vila e sabemos que un dos problemas cos que se atopan o non dispoñer de locais axeitados para os seus ensaios” e lembra que “xa na campaña electoral das pasadas municipais nos comprometemos a darlle unha solución a este asunto”.

Nota de Prensa

O CONCELLO HABILITARÁ DOUS LOCAIS DE ENSAIO PARA OS GRUPOS MUSICAIS DA VILA NA ANTIGA PRAZA DE ABASTOS.

Burela, 24 de xullo de 2008. O Concello de Burela habilitará dous locais de ensaio para os grupos musicais da vila. Será na antiga praza de abastos onde se crearán dúas salas de más de 20 metros cadrados e unha cabina de grabación. Un proxecto que irá ao pleno do vindeiro 31 de xullo, segundo anunciaba hoxe, a alcaldesa en funcións e concelleira de Xuventude, Neves Cando. A edil nacionalista asegura que <somos coñecedores da intensa actividade que desenvolven varios grupos musicais da nosa vila e sabemos que un dos problemas cos que se atopan é o de non dispoñer de locais axeitados para os seus ensaios>.

Neves Cando lembra que <xa na campaña electoral das pasadas municipais nos comprometimos a darlle unha solución a este asunto. Desde o momento no que nos fixemos cargo da delegación de Xuventude comenzamos a traballar e no pleno da vindeira semana imos dar os primeiros pasos oficiais para habilitar dous locais da antiga praza de abastos coma locais de ensaio da nosa xuventude>.

A alcaldesa en funcións de Burela engade que <xa hai uns meses que estamos a xestionar este tema coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta que ten creada unha rede galega de locais de ensaio e xa demos os primeiros pasos. Despois dunha visita que fixeron a Burela os técnicos para coñecer esas instalacións e despois de darénlles o visto bó encargamos a redacción do proxecto para adecuar eses locais ás necesidades deste tipo de actividade musical. Estamos a punto de recibir o proxecto e a continuación solicitaremos a suscripción dun convenio coa Vicepresidencia da Xunta para levalo adiante e converter ese proxecto en realidade>.

Neves Cando di que <unha vez que remate o acondicionamento das salas incluirémolas na rede galega de locais de ensaio, o que nos permitirá ir mellorarno sucesivamente e dotándoas do material necesario. O segundo paso será a compra do mínimo equipamento para esas salas: unha mesa de misturas, baterías, sistemas de amplificación, micros….. Burela será pois un referente na Mariña en canto á actividade musical da nosa mocidade>.

Exit mobile version