Site icon Crónica3.com A Mariña

Músicos da escola de música interpretrá Jazz en bares de Burela

BURELA.- Alumnos e profesores da escola de musica levaran o Jazz os bares de Burela como unha actividade primeiro seminario de Jazz que se celebrará do 28 de xullo o 1 de agosto. A responsable de Educación do Concello de Burela, Lucía Bouza, explicou que o seminario asistiran destacados músicos “que son referentes dentro do jazz galego. Volcámonos moito neste proxecto, por eso esperamos que salga ben”.

Nota de prensa

BURELA ACOLLERÁ O PRIMEIRO SEMINARIO DE JAZZ ENTRE O 28 DE XULLO E O 1 DE AGOSTO

Burela, 9 de xullo de 2008. O Concello de Burela presentou hoxe o programa de actividades do I Seminario de Jazz, que organiza a Escola de Música entre os días 28 de xullo e o 1 de agosto. Iniciarase o luns 28 con varias clases de armonía e instrumento, pero o plato forte será a partires do martes coa posta en escea en bares de Burela de varios concertos organizados por alumnos e profesores da escola. O primeiro será o martes 29, desde as 23 horas no café Atrezzo. O xoves 31, tamén a partirés das 23 horas, haberá outra actuación no bar O Raio.

O mércores 30 de xullo terá lugar un concerto da Marosa Jazz Proyect, un proxecto no que traballan músicos da Burela Blues Band. O seminario rematará o 1 de agosto con outros dous concertos. A primeiro será as 20 horas, coa participación de alumnos da escola de música, e dende as 23 horas o turno será para dous profesores de música procedentes de Santiago de Compostela.

A concelleira de Educación de Burela, Lucía Bouza, destacou hoxe a importancia de que Burela acolla este primer seminario sobre Jazz. <Esperamos que esté concurrido xa que virán personalizades que son referentes dentro do jazz galego. Volcámonos moito neste proxecto, por eso esperamos que salga ben>.

A xente interesada en saber máis da iniciativa poderá ter información no teléfono 608 555 015

Exit mobile version