Site icon Crónica3.com A Mariña

Fuente asegura que o parque de bombeiros non abrirá hasta as eleccións a Xunta

BARREIROS.- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, mostrase sorprendido polo interese do concellal do BNG, Antonio Veiga, polo concello e afirma que “levaba un ano desconectado do Concello e agora acordouse de que era edil aquí”. Fuente acusa a “Vicepresidencia da Xunta do retraso na apertura da Casa da Cultura” e anuncia que o parque de bombeiros “sendo bastante optimista ata o ano que ven que hai eleccións á Xunta non se abrirán esas instalacións”.

Nota de Prensa

O ALCALDE ASEGURA QUE POÑERSE MEDALLAS POR COUSAS QUE NON SE FIXERON NON É MOI ÉTICO. ASÍ ALUDE ÓS SUPOSTOS COMPROMISOS QUE O BNG TERÍA REALIZADO NO CONCELLO Ó LONGO DESTE ANO.

Barreiros, 8 de xullo de 2008. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, amósase sorprendido polas declaracións efectuadas polo voceiro do BNG no Concello <porque levaba un ano desconectado do Concello e agora acordóuse de que era edil aquí e adícase a criticar cando ve as carencias que a Deputación ten con todos os concellos para curarse en saúde. Critica ós demáis para ocultar as verdadeiras carencias que sofrimos>.

Fuente Parga asegura que <non hai máis que ver o estado no que se atopan todas as estradas da Deputación. A estas alturas do verán ainda non apareceu ningunha máquina para desbrozalas e eso que nalgúns casos xa só se pode utilizar un dos dous carrís existentes porque o outro está cheo de maleza. Pola contra no Concello levamos máis de catro meses traballando na limpeza dos nosos viais. Parece que o Sr. Veiga quere confundir á opinión pública….. a ver si hai algún despistado que non teña claro cales son as estradas da Deputación e cales as do Concello. E hai que dicir que non se arranxan porque ou non hai partidas orzamentarias ou non hai interés político por amañalas>. O rexedor di que <parece que este home ten pouca voz na Deputación porque incluso cando o PP presentou unha moción para sacar adiante asuntos para esta zona, él o que fai é votar co PSOE e co BNG. Entre eles amañan todo, e a Barreiros se lle denega todo. En Lugo se di unha cousa e en Barreiros se di outra, como ocorre coa estrada do litoral que non fai máis que votar en contra en Lugo e logo ven aquí a dicir como están as estradas do municipio>.

Casa da Cultura

O alcalde de Barreiros culpa á Vicepresidencia da Xunta do retraso na apertura da Casa da Cultura. Alfonso Fuente sinala que <nos está a ocorrer o mesmo que coa gardería. Nós temos intención de abrir a Casa da Cultura e desde Vicepresidencia se poñen trabas e así mentras o Sr. Veiga critica que non se abra. Nós sí que estamos traballando neste caso, estamos a pedir presupostos para adquirir o mobiliario. E igual o que tiña que ter feito o Sr.Veiga hoxe é sair dicindo que desde o departamento que él dirixe se ía conceder unha subvención para mercar ese equipamento e así non lle ía costar o que lle vai costar ó Concello de Barreiros no que cada vez temos que facer máis números debido ós recortes que estamos padecendo desde a Deputación e desde a Xunta>.

Parque de bombeiros

Fuente Parga engade que <os veciños de Barreiros saben que o edificio do parque de bombeiros xa se fixo co anterior goberno do PP na Xunta. E estes señores tiveron catro anos para abrilio e sendo bastante optimista ata o ano que ven que hai eleccións á Xunta non se abrirán esas instalacións. O edificio quedóulles aí feito e empregaron 4 anos en sacar un concurso para comprar uns vehículos….. e querer agora xustificar que se fai algo é lamentable. Deixa a ver si os camións estarán aí antes das autonómicas>.

Exit mobile version