Site icon Crónica3.com A Mariña

Ex concelleira do PP de Foz renuncia á acta e sae do concello

FOZ.- A ex concelleira do PP, que coa súa ausencia propiciou que o PSOE, en minoría, aprobase os orzamentos para a presente exercicio, presentou a súa renunia á acta de concelleira alegando motivos persoais e de saúde. Hai uns días afirmara que deixaba o grupo do PP e que se pasaba ao grupo mixto, cousa que provocou numerosas críticas por parte dos ex compañeiros de partido e a situación acabou derivando na renuncia á acta e a saída do concello. Agora ocupará o seu posto o seguinte na lista ou o suplente que acorde o PP e deixará a situación do concello de Foz na mesma situación que resultou das eleccións mumicipais e o PSOE terá que seguir gobernando en minoría.

NOTA DE PRENSA.

Cangas: 08/07/2008

Dña. Luisa Prieto Fanego, concelleira electa do Grupo Municipal do Concello de Foz, por motivos PERSOAIS E DE SAUDE presentará a renuncia a súa ACTA de Concelleira.

Dende aquí, pido desculpas de corazón a todas a xente que confiaron na miña persoa.

Exit mobile version