Site icon Crónica3.com A Mariña

Reordenan a circulación no monte Castelo en Burela para a romaría

BURELA .- O concelleiro de Obras e Servizos do Concello de Burela, Pascual Domenech, asegurou que con motivo da romaría do monte Castelo e co fin de facer o trafico máis fluído “adecentamos unha pista de baixada desde a explanada do monumento ao comuneiro ata o cruce coa vía de acceso natural a este parque. Entón os coches soben pola estrada de sempre que foi asfaltada recentemente e baixan pola arranxada agora”

Nota de Prensa

O CONCELLO PON EN MARCHA UN DISPOSITIVO ESPECIAL DE TRÁFICO PARA O ROMERÍA DO MONTE CASTELO.

Burela, 24 de xullo de 2008. O Concello de Burela pon en marcha un dispositivo especial de tráfico para a Romería do Monte Castelo que se celebra esta fin de semana. Segundo explica o concelleiro de Obras e Servizos, Pascual Domenech, <adecentamos unha pista de baixada desde a explanada do monumento ao comunero ata o cruce coa vía de acceso natural a este parque. Entón os coches suben pola estrada de sempre que foi asfaltada recentemente e baixan pola arranxada agora, así o tráfico será máis fluido>.

Domenech engade que <desde o Concello pedimos o máximo respeto pola área recreativa e tamén que se faga un uso racional da auga>. O edil socialista amósase <moi satisfeito polo asfaltado que se fixo da subida ao Monte Castelo, unha obra moi demandada polos veciños>.

Celso Emilio Ferreiro

Por outra banda, Pascual Domenech, confirma que será o vindeiro luns 28 de xullo <cando empecemos coas obras do tramo final na rúa Celso Emilio Ferreiro, xa que a empresa que as ía facer estivo estes días a realizar outros traballos en Burela>.

Exit mobile version