O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asinará en breve coa Consellería de Medio Ambiente un convenio de colaboración para a adquisición dun camión para a recollida do lixo que sustituirá ao máis antigo que operaba na actualidade en Ribadeo. Suárez Barcia asegura que <tiñamos dous camións no Concello, un deles está esgotado material e físicamente, ten uns trinta anos e últimamente non pasaba nin a ITV e ocasionáballe un gasto de reparación tremendo ao Concello>. O rexedor lembra que <levamos un tempo falando con Medio Ambiente para que nos axudara e tivemos unha reposta satisfactoria. Debo valorar moi posivamente a cifra acadada que chega aos 120.000 euros. É unha cifra moi importante, que ainda que non cumplimenta o 100% do custe do camión, sí que cubrirá unha parte moi importante>.
O alcalde considera que a situación de Ribadeo <nesta materia era extrema, xa que co incremento da poboación e da recollida é indispensable que o municipio conte con dous camións do lixo. Temos un que é do ano 2002 e que está moi e outro que ten 30 anos e que será sustituido por este novo, que pretendemos destinar ás parroquias fundamentalmente debido a que pola súa dispersión e número de kilómetros necesitamos un camión novo, potente e con capacidade para que dunha recollida se retire o lixo en todas as parroquias sin necesidade de ir descargar á planta de transferencia e voltar a facer outro circuito>.
Fernando Suárez valora <positivamente as xestións realizadas polo voceiro do PSOE no Concello, Balbino Pérez Vacas diante da Consellería de Medio Ambiente, dado que o seu titular é do PSOE e Balbino atendeu as nosas peticións e realizou as xestións necesarias que nos permitiron chegar a esa cuantía da que falaba anteriormente>.
O novo camión para a recollida do lixo que podería ter un custe aproximado aos 150.000 euros podería estar traballando en Ribadeo a finais de ano, segundo as estimacións do alcalde.