Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza a programación de “Burela Cultura Aberta, verán 2008”

BURELA.- Así, “Burela Cultura Aberta, verán 2008”, se denominan o conxunto de actos que se celebraran nesta vila mariñeira o longo de este verán da man da concellería de Cultura. A programación iniciase o sábado, 12 de xullo, con un concerto de gospel no Auditorio Municipal e remata o 5 de setembro con circo.
A concelleira de Cultura, Neves Cando, considera que se trata dunha programación cultural para todos  os públicos “para todos os gustos e para todas as idades. Programación que vai desde o gospel ás tradicións vasca e da Bretaña pasando pola nova música galega uníndoa aos bailes internacionais de Méximo e Komi” .

Nota de Prensa

MAÑÁ ARRANCAN OS ACTOS DA PROGRAMACIÓN BURELA CULTURA ABERTA, VERÁN 2008.

Burela, 11 de xullo de 2008. Mañá sábado arrancan os actos da programación Burela Cultura Aberta, Verán 2008 un concerto de gospel xentileza de Caixanova. Será ás nove e media da noite no Auditorio Municipal coa actuación de JOUFUL GOSPEL CHOIR. <Alí poderemos escoitar o máis puro son do gospel espiritual>, segundo apunta a teniente de alcalde e concelleira de Cultura, Neves Cando. O xoves 17 de xullo ás dez e media da noite na Praza da Mariña terá lugar a proxección  da película galega de Ignacio Vilar PRADOLONGO <unha longametraxe de ficción rodada íntegramente na comarca de Valdeorras en Ourense que poderemos ver aquí grazas á Área de Cultura da Deputación de Lugo>, segue a contar Neves Cando. E o 18 de xullo na Praza da Mariña ás sete da tarde terá lugar unha proposta lúdica e cultural para os nenos e nenas de Burela enmarcada dentro do programa Cultura sobre rodas da Deputación <e que ofrece un conxunto de actividades para a promoción da lectura no tempo de lecer coma pasarrúas, obradoiros de árbores atrapadoras de contos e tamén actividades plásticas>.

A programación cultural de Burela para o mes de agosto inclúe: música, cinema, títeres, maxia e circo. O día 2 de agosto celebraráse o 2º Festival Arranxando Culturas que se encadra dentro da 24 edición da Feira do Bonito. Neste evento musical participarán grupos da Bretaña, de Euskadi e de Galicia, <da nosa terra destaca Tres Trebóns do coñeceido Xurxo Souto>, explica Neves Cando. O concerto será ás dez da noite na explanada do porto.

O 8 de agosto ás dez e media da noite na Praza da Mariña terá lugar unha nova edición da Mostra Folklórica Internacional na que participarán o grupo Tradicións de México e Asia Kia da República de Komi. Os xoves 7 e 21 de agosto na praia do Portelo haberá dúas novas sesión de proxeccións de curtametraxes <no maravilloso entorno da nosa praia urbana>, di a teniente de alcalde de Burela.

E como remate de Burela Cultura Aberta, haberá 3 espectáculos diferentes na Praza da Mariña. Para o 22 de agosto ás oito da tarde está prevista a actuación dos títeres Falcatrúa. O 29 de agosto tamén ás oito da tarde será o turno para ver ao mago Cristian e o 5 de setembro será o momento de disfrutar do circo co show de Lupo.

Neves Cando considera que se trata dunha programación cultural <para todos e todas, para todos os gustos e para todas as idades. Programación que vai desde o gospel ás tradicións vasca e da Bretaña pasando pola nova música galega uníndoa aos bailes internacionais de Méximo e Komi. Temos cinema, curtametraxes….>.
——————-

Exit mobile version