BURELA .- A zona da area recreativa e aledaños do monte Castelo en Burela, convertese esta fin de semán nunha desculpa case perfecta para rachar coas mesuras culinarias, entre outras, con motivo da da festa de O Castelo. Esta celebración ten entre as súas características a profunda devoción gastronómica que practican os participantes no evento.
O xoves comezará a cubrirse o curuto de O Castelo de tendas de campaña, mesas, sillas, toldos, hamacas, carpas, algún que outro frigorífico e máis de un sofá para pasar comodamente no monte o fin de semán. A romería do monte Castelo é unha celebración atípica, sin unha data predeterminada que coincida con un reputado día do santoral e aínda que este ano se inicia o 24 de xullo, e remata tres días máis tarde, non ten nada que ver co Santiago, nin co Día de Galiza, nin co Día da Patria. No Castelo cada quen celebra o que lle peta.
O domingo principiaran os traballos de desaloxo e limpeza das parcelas que se alugan en 60 euros si non teñen mesa e en 120 euros si incluien mesa. A mitade do custe do aluguer devolvéselle o arrendatario si deixa a parcela limpa. A afluencia será masiva, de feito o luns a primeira hora da mañá xa estaban adxudicadas máis de 120 parcelas das preto de 200 que aluga a comisión organizadora.