BARREIROS .- O pleno do concello de Barreiros tratará una proposta da alcaidía solicitando que o ministerio de Fomento lle ceda ao Concello de Barreiros a estrada nacional 634 ao seu paso polo concello, no tramo comprendido entre Reinante e a Cruz do Lobo. Esta iniciativa ten como finalidade “ir facendo unha vía máis urbana” explicou o alcalde, Alfonso Fuente. Esta proposta xa lla plantexaran a Fomento con anterioridade.
Nota de Prensa
A ALCALDÍA LEVA UNHA PROPOSTA AO PLENO DO LUNS PARA QUE FOMENTO LLE CEDA A ESTRADA NACIONAL 634, ENTRE REINANTE E A CRUZ DO LOBO.
Barreiros, 24 de xullo de 2008. O pleno que se celebrará en Barreiros o vindeiro luns someterá a aprobación unha proposta da alcaldía <para que se inicien os trámites de cesión da N-634 entre Reinante e a Cruz do Lobo ao Concello>, explica o propio rexedor, Alfonso Fuente Parga. Éste lembra que <esta solicitude xa se lle fixera a Fomento por escrito desde esta alcaldía e o ministerio contestóunos que tiña que ser a través dun acordo plenario e por eso imos levalo a pleno e si sae favorable iniciaremos eses trámites canto antes>.
Alfonso Fuente considera que <á vista de que a alternativa é a autovía que se está executando e dado que estes pasos de cesión son lentos queremos iniciar esa tramitación de contado xa que así poderiamos empezar a confirmar o que son os cruces e a iniciar traballos directamente sobre a vía como poden ser pasos elevados para peóns….. ademáis doutras tarefas que ao ser unha estrada de titularidade estatal non podemos facer, pero das que sí nos poderiamos encargar si a titularidade fose municipal>.
O alcalde de Barreiros engade que <como queremos ir facendo unha vía máis urbana queremos iniciar xa eses trámites e pedirlle a Fomento que nos ceda ese treito da N-634 entre Reinante e a Cruz do Lobo>.