Site icon Crónica3.com A Mariña

Axudas do concello de Ribadeo para maiores e persoas discapacitadas

RIBADEO.- Os Servizos Sociais do concello de Ribadeo informan das axudas individuais a persoas maiores e persoas discapacitadas para mellorar a súa autonomía persoal. Está destinada a maiores de 65 anos que non reciban outro tipo de axudas a discapacitados dependentes. As condicións para a solicitude, o tipo de prestacións a subvencionar e os prazos de presentación poden verse na nota remitida polo concello que se transcribe a continuación.

Ribadeo, 10 de xullo de 2008. O departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribadeo informa das axudas individuais a persoas maiores e persoas con discapacidade para facilitar a autonomía persoal e a accesibilidade.

Persoas beneficiarias

1. Persoas maiores de 65 anos que acrediten a necesidade dunha axuda que non estea incluída no ámbito doutras liñas de protección social ou sanitaria.
2. Persoas con discapacidade e/ou en situación de dependencia, menores de 65 anos que teñan recoñecido un grao de minusvalidez igual ou superior ao 33% resolución anterior á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Ademáis, as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Que a axuda solicitada derive da súa discapacidade recoñecida (caso dos beneficiarios determinados na línea b) do número anterior) ou ben a acreditación da súa necesidade.
3. Que a axuda solicitada non estea incluída no eido doutras liñas de protección social ou sanitaria.
4. Non ter percibido nos dous últimos anos axudas para o mesmo fin, solicitadas ao amparo das convocatorias referidas a esta orde, salvo que concorran as seguintes circunstancias:
* Que a adaptación ou axuda técnica solicitada sexa complementaria da anteriormente concedida, para os efectos de promover a autonomía persoal do solicitante.
* Que a adaptación ou axuda técnica solicitada sexa distinta das anteriormente concedidas e se deba a un agravamento da súa situación.
* Que a natureza ou carácter da axuda técnica ou producto de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria recoñecido en anteriores convocatorias sexa perecedoiro pola normal deterioración.
5. Os establecidos con carácter xeral para obter a condición de beneficiario de subvencións no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6. Non ter recoñecida a situación de dependencia prevista na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, no grao III, niveis 1 ou 2, ou no grao II, nivel 2, por resolución anterior á data de finalización de prazo de presentación de solicitudes.

Actuacións subvencionables e axudas

1. Adaptación funcional da casa e supresión de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda: accións destinadas a facilitar o acceso, a mobilidade, a comunicación e a realización das actividades básicas da vida diaria, tanto en vivendas unifamiliares como nas de propiedade horizontal no interior do fogar.
* Adaptación funcional do fogar: ata 2.500 €.
* Eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda: ata 3.000 €.
2. Adquisición de próteses dentais e audífonos non previstos no sistema sanitario
* Próteses dentais: ata  500 €
* Audífonos, non previstos no sistema sanitario: 800 €
3. Axudas técnicas, sempre que non sexan cubertas polo sistema sanitario ou por outros organismos públicos ou privados sen ánimo de lucro: ata 2.500 euros.
* Axudas técnicas para aseo e hixiene persoal.
* Axudas técnicas para alimentación.
* Axudas técnicas para mobilidade, posicionamento e protección persoal.
* Axudas técnicas para comunicación.
* Axudas técnicas para persoas con discapacidade auditiva.
* Axudas técnicas para persoas con discapacidade visual.

Prazo de presentación

Un mes contado a partir do día seguinte da publicación da orde. Será ata o 9 de agosto de 2008.

Para obter calquera información os interesados deben dirixirse aos Servizos Sociais Municipais, ubicados no Auditorio Municipal de Ribadeo.

Exit mobile version