BARREIROS.- A principios de semana comezou un dialogo publico nos medios de comunicación, entre o portavoz do BNG de Barreiros e responsable de Cultura da Deputación Provincial, Antonio Veiga e o alcalde Barreiros, o popular Alfonso Fuente. É esta, hasta agora, a última entrega na que se segue mesturando todo tipo de iniciativas, tanto municipais como supramunicipais. Agora Antonio Veiga recomenda a Alfonso Fuente que “ten que negociar e non adicarse á kale borroka”.
Nota de Prensa
O BNG DE BARREIROS RECOMÉNDALLE A ALFONSO FUENTE QUE ABANDOE O SEU PAPEL DE FALSA VÍCTIMA E QUE RECTIFIQUE A SÚA ESTRATEXIA DE ENFRONTAMENTO ESTÉRIL CON TODAS AS INSTITUCIÓNS.
Barreiros, 11 de xullo de 2008. Desde o BNG de Barreiros entenden que as últimas declaracións do alcalde, Alfonso Fuente, arremetendo contra todas as institucións encerran a desesperación pola súa nula capacidade de xestión. Antonio Veiga considera que esas manifestacións <o que reflexan no seu subconsciente é a incapacidade para xestionar este Concello. Hai que lembrarlle que él non está na oposición senón que está no goberno de Barreiros e quen está no goberno ten que dialogar e ten que negociar e non adicarse á kale borroka, como fixo coas sinais da Deputación nunha estrada do municipio. Independentemente de que puidera ter razón o Concello de Barreiros na súa demanda, desde logo que non son formas que un concelleiro ande por aí tapando as sinais ou facendo o que se chama alboroto na rúa>.
Veiga Outeiro dille ao alcalde que non se pode ser mentiroso e cínico <porque non se pode dicir que o retraso na apertura do parque bombeiros é responsablidade da Deputación cando o Concello de Barreiros tiña o edificio en situación ilegal, sen accesos á N-634 e sen a axeitada conexión á rede de abastecemento de auga. Tampouco se pode dicir que a Casa da Cultura segue sen abrir por culpa da Vicepresidencia da Xunta sinalando que se debe a que pertence a un Concello do PP, cando esta institución o único que lle pediu ao Concello foi que subsanase as deficiencias relativas á accesibilidade e á seguridade hai xa dous anos. Algo que tamén ocorreu coa gardería>.
O voceiro do BNG no Concello barreirense engade que <non se pode emplazar á Consellería de Vivenda a facer máis vivendas socias sen que o Concello poña os terreos necesarios á súa disposición. Será o Concello o que teña que poñerse as pilas porque tivo a oportunidade de ter planificado e distribuido os espazos destinados a esta construcción botando man dos aproveitamentos urbanísticos que por lei lles correspondían ao Concello. É desexo e vontade de Vivenda que todo o mundo teña dereito á vivenda pública, garantindo sorteos imparciais e que as vivendas non vaian seren alugadas coma ocorría cando gobernaba o PP na Xunta que miraba cara outro lado>.
Antonio Veiga considera que <non se pode dicir gratuitamente que Vicepresidencia lle recorta por capricho a aportación económica á gardería municial, cando sabe moi ben que obedece a uns criterios de reparto das partidas existentes. Que non esqueza o Sr. Fuente que pode aforrar moitos cartos se entra no Consorcio de Vicepresidencia, ao igual que os 260 concellos que xa o fixeron, moitos do PP>.
O voceiro nacionalista pídelle a Alfonso Fuente que reflexione <cara onde está a levar ao Concello coa teimosía súa de dicir que aquí nos teñen castigados por ser dunha cor política diferente, porque non é certo>.
Deputación Provincial
O tamén delegado de Cultura de Deportes na Deputación Provincial insiste en que <o Concello de Barreiros para nada foi discriminado pola área que dirixo. É máis, nunca se ofertou tanta actividade coma na actualidade. Ofertóuse toda canta actividade deportiva se lles está a ofertar ao resto dos Concellos da provincia. E as asociacións culturais e deportivas poden estar tranquilas pois as bases que rexirán a concesión de subvencións en concorrencia competitiva e que en breve se publicarán, van garantir a transparencia e a igualdade de oportunidades para todas. Algo que non ocorría en Barreiros, porque todos os veciños saben que aquí non hai trato igualitario. É curioso que esas bases contaron co apio do PP na Deputación, polo que podemos deducir que despois de seren aprobadas por unanimidade estamos a traballar polo bó camiño. Non sei a qué PP pertence o Sr. Fuente ou si ten malas relacións co voceiro do PP na Deputación e presidente do seu partido ou si é que están en partidos diferentes>.
Antonio Veiga insiste en que está a recibir na Deputación <a moitos alcaldes da comarca, incluidos os do PP, pero de momento non vin pasar por alí ao alcalde de Barreiros nin á súa concelleira de Cultura. Bueno ela diríxiuse a min unha vez, pero para solucionar unha comenencia casi persoal: axilizar unha subvención pendente para a asociación da súa parroquia>.
Veiga Outeiro remata dicindo que <en definitiva, chamamos a Alfonso Fuente á reflexión e ao cambio de actitude, polo ben do Concello e dos veciños. O goberno exércese dialogando e negociando con habilidade. Outros alcaldes do PP sí que o fan e váilles moi ben aos seus Concellos e aos seus veciños. Non pode haber ningún alcalde da Mariña que poida dicir que foi discriminado pola área que dirixo. Si din eso estarían mentindo>.