Site icon Crónica3.com A Mariña

A vindeira semana coñecerase o nome da empresa que redactará o PXOM de Burela

BURELA.- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, anuncia que a vindeira semana darase a coñecer o nome da empresa que redactará o PXOM. O rexedor explica que “se foron cumprindo todos os prazos e fixemos as cousas ben. Foron moitas as empresas que se presentaron, pero só 4 quedaron finalistas”. Llano engade que “agora xa sabemos que estas cumpren coas condicións que establecemos e estamos a estudiar cal delas se adapta mellor ás nosas preferencias. Agardamos tamén que á elexida lle serva de moito todo o material que temos no Concello”.

Polígono industrial

Alfredo Llano mantivo estes días un encontro en Santiago co director xeral de Obras Públicas “porque están a impulsar desde a Xunta unha ordenación e optimización dos espazos para ampliar o polígono industrial do Perdouro. Estánse dando os pasos para que estos sexa unha realidade o antes posible, así que de momento do que se trata é de aproveitar aquel espazo. O seu asentamento é unha ubicación natural que haberá que reorganizar para que serva para o cometido que lle temos”.

Policía local e protección civil

O rexedor de Burela viaxou onte á Estrada para recibir o novo vehículo co que conta a policía local “trátase dun todoterreo, un catro por catro de 140 cabalos que lles servirá de moito para exercer a súa labor. Estamos moi contentos con esta concesión que nos ven de facer a Consellería de Presidencia da Xunta”.

Ese departamento autonómico tamén lle acaba de conceder unha subvención de máis de 7.000 euros ao Concello de Burela para “a compra de material co que melloraremos o vehículo de loita contra os lumes. Agardamos seguir contando con este tipo de axudas para mellorar a efectividade da policía local e de protección civil”, engade Alfredo Llano

Exit mobile version