Site icon Crónica3.com A Mariña

A praia do Torno e a Prazoleta de San Ciprián serán hoxe un parque de atraccións para os máis novos

SAN CIPRIÁN.- Dentro do programa lúdico das festas do Carme, hoxe a partires das seis da tarde a praia do Torno e a Prazoleta da vila converteranse nun parque de atraccións onde os máis novos poderán disfrutar con diversos xogos e ofertas lúdicas baixo o nome de “Parque Infantil Diverneno”.  Os nenos e nenas de 3 e 10 anos poderán disfrutar de Casa de pelotas, Pista de Obstáculos, Pista Americana, Tobogán Saltarín, Super Gum e Touro Mecánico.
A xornada festiva de hoxe rematará con unha velada teatral, ás dez da noite, a cargo o grupo “Ardora” de San Ciprián.
Onte actuou a fadista María do Ceo na inauguración do novo auditorio municipal.

Exit mobile version