A MARIÑA .- A Deputación “ten máis de quince millóns de euros parados na Mariña sen executar, por certo, todos eles aprobados polo anterior equipo” asegura o grupo provincial do PP que enumera una serie de obras no concello de Cervo, Xove, O Vicedo e Barreiros. Ao respecto, os populares aseguran que a vicepresidenta do ente provincial, Lara Méndez, “descoñece a realidade da Deputación califican” e afirman que “vai pouco pola Deputación, como o demostran as súas reiteradas ausencias á Xunta de Goberno provincial, a pesar de contar con dedicación exclusiva, e non se entera de algunhas cousas que son elementais”.
Nota de Prensa
O GPPP afirma que Lara Méndez descoñece a realidade da Deputación.
O voceiro adxunto José María González Barcia pídelle a Méndez que se disculpe ante os veciños dos concellos afectados pola paralización de obras da Deputación.
O popular ofrécese a visitar con ela as obras citadas polo PP.
O Grupo Provincial do PP considera que Lara Méndez descoñece a realidade da Deputación, xa que as obras do Plan Operativo Local seguen un camiño distinto ó que seguen as obras financiadas ó cento por cento pola Deputación, ou mediante convenios cos concellos. Para os populares, Lara Méndez vai pouco pola Deputación, como o demostran as súas reiteradas ausencias á Xunta de Goberno provincial, a pesar de contar con dedicaciòn exclusiva, e non se entera de algunhas cousas que son elementais.
O portavoz adxunto dos populares, José María González Barcia, ofrécese a visitar con Lara Méndez algunhas obras para ver o seu estado de execución, e de paso pedirlles disculpas ós veciños afectados.
Así, en Barreiros e Ribadeo veríamos como da vía litoral, que xa tiña un tramo adxudicado e os outros tres contan con proxectos aprobados, non se fixo nada, e por eso os accesos ás Catedrais están como están.
Barcia tamén recomenda unha visita ó Vicedo, para explicarlles ós veciños que o a carretera de Suegos á Falcoeira, que tén proxecto, gasto e pliego e condicións aprobados, non se vai facer.
Outra visita interesante poderíase facer sen salir de Cervo, onde é concelleira Lara Méndez, ós núcleos de Espiñerido, Casas Novas e Madeiro, e a estes veciños, que queren que se lles faiga o saneameno, diríalles a Sra. Méndez que o convenio de douscentos mil euros asinado con todas as da lei entre a Deputación e o Concello de Cervo non se fará, e que se quedan sen saneamento.
Pasando por Xove, sería bón explicarlles ós veciños afectados pola carretera a Valcarría que xa cobraron as expropiacions, que se quedan sen terras pero tamén sen carretera, gracias á “brillante” xestión de Lara Méndez.
Estas visitas bastarían para oir como se queixan os veciños, e son exemplos da parálise da Deputación, que tén máis de quince millóns de euros parados na Mariña sen executar, por certo, todos eles aprobados polo anterior equipo da Deputación, porque o actual non aprobou nin un só proxecto, no que levan de mandato, nin un só proxecto, nin para a Mariña nin para a provincia.
Por último, decirlle á Sra. Méndez, que nos acusa de desfachatez, que o PP respeta todas as decisións, pero eso non quere decir que as comparta, e cando non as compartimos, criticámolas e damos alternativas, ainda que non lle guste á Sra. Méndez, que é capaz de mentir decindo que xa está adxudicado o camión nodriza de Barreiros, cando a mesa de contratación se reunirá o luns que vén, ás dez e media; se ela di que está adxudicado, deberá decir a quen, xa que debe ter información privilexiada que a mesa de contratación descoñece; ou ó millor xa sabe a quen se vai adxudicar, o que resultaría especialmente grave e mui propio da conducta dos socialistas.
Por certo, tamén foi capaz de mentir cando dixo que o parque de bombeiros de Barreiros estaría aberto no primeiro trimestre do presente ano.
Esto sí que é desfachatez, Sra. Méndez, e moita, por certo.
En Lugo, a vintecinco de Xullo de dous mil oito.
O Grupo Provincial Popular.